Experimento con imáns en Ed. Infantil

Experimentando con imáns en Ed. Infantil.220px-Bar_magnet[1]

OS IMÁNS. Experiencia realizada nas aulas de 5 anos, integrada na implementación da aprendizaxe cooperativa e estudo dos dinosaurios (recurso para a explicación do impacto do meteorito e astronomía en xeral).

Existe certa controversia no que atinxe á ensinanza das ciencias en Ed. Infantil, e inda que algúns autores consideran que os contidos das ciencias non se axeitan ás capacidades cognitivas dos nenos (Eshach, 2006). Nos preferimos seguir a outros investigadores e aportar contextos no que cada neno/a leve ao máximo o seu potencial científico, e 100% en Inglés.

Dentro do proceso científico, centrámonos en facer prediccións, é dicir, fomentar a proposta de hipóteses e abordar distintas estratexias para comprobalas, así como a representación gráfica do mesmo.

Actividade

  • Aparece na clase unha caixa con imáns que os nenos empezan a manipular entre sí, e descubren algunhas características como que algunhas veces non se poden xuntar porque unha forza invisible os separa, e outras se atraen, e todo fora do control das nosas mans.
  • O mestre formula algunhas preguntas, como por exemplo: Que ocorre se poñemos un cartón entre os dous imáns ? e realizamos actividades para comprobalas.
  • Os nenos divídense en grupos de 3 ou 4 e reciben cadansúa tarxeta, na que teñen que debuxar un obxecto ; unha culler de plástico, unha bola de silicona , unha casa de goma, un aramio, Unha bola de plasti, un pincel, unhas tesoiras, unha culler de metal, e así ata 25 obxectos distintos.
  • Despois teñen que responder á hipótese de se o seu obxecto vai ser atraído polo imán. Cada grupo discute as respostas.
  • Cada grupo recibe unha folla grande, dividida por unha liña, onde na parte esquerda ten un círculo verde e na dereita un vermello.

plantilla

Entrégase a cada grupo un xogo de imáns. Os nenos van comprobando un por un( mentres o resto do grupo observa ) a súa hipótese e unha vez descuberto se o seu obxecto e os dos seus compañeiros de grupo son atraídos polo imán, pegan a súa tarxeta na zona verde (se é atraída polo imán) ou vermella en caso contrario.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Finalmente facemos unha posta en común, onde descubrimos que hai menos obxectos na zona verde que na vermella. Collemos os obxectos da zona verde e os manipulamos de novo.  Algúns alumnos/as son quen de facer xeneralizacións e indicar que todos os obxectos atraídos polos imáns teñen en común que son metais.

Pero aínda mais. Algúns apuntan que hai obxectos de metal que non foron atraídos polo imán. E mesmo empezan a preguntar por qué os mesmos imáns as veces se repelen entre eles.

Xa empezan a facer as súas hipóteses, así que collen os imáns e comproban por toda a aula se os seus imáns son atraídos ou non pola gran cantidade de cousas que atopan (agás a pizarra electrónica e os enchufes).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *