Hoxe asistimos cos alumn@s de 2º ESO a este obradoiro da Fundación Barrié de la Maza, no que analizamos, ao través das escenas de diferentes películas, erros de carácter científico .
Existen as bruxas e o mal de ollo? Poderiamos ser invadidos ou atacados por animais xigantes?…
… Sería posible un ataque zombie? Como facían a néboa nas películas antigas? Oes, escoitas o mesmo ca min? Como fan os meteorólogos para dar o parte do tempo? Por que non me gustan esas verduras?! Somos mutantes?… Unha morea de cuestións coas que @s nos@s intrépid@s alumn@s se atreveron: moi boa a participación de hoxe! E parabéns especialmente a Paloma, Anouk e Pablo por non reparar en medos.
Que vos pareceu o obradoiro? Que foi o que máis vos chamou a atención?