Explorando a cor en Ed. Inf.

 

Aproveitamos o entroido para explorar moitas posibilidades coas cores nas que a ciencia se mestura coa arte.

Primeiramente amosámoslles aos nenos que é unha espiral. E pintámolas na fiestra ( insistindo en facelas levóxiras para favorecer a preescritura).

As veces saen do centro para afora e outras van de fora para adentro.

E seguimos traballando as espirais. Os nenos trouxeron camisetas usadas e con tinguidura da roupa celebramos o tie dye day. Moi común nas escolas estadounidenses.

  • Mesturamos en catro caldeiros a tinguidura, sal e auga quente e remexemos
  • Despois cada nena/neno colle a súa camiseta, a estíraa sobre unha mesa, escolle un punto onde pinzar cos dedos e retórcea facendo unha espiral.
  • Pódese empezar no medio da camiseta ou en calquera outro lado. No resultado final ese será o centro da espiral.
  • Unha vez retorta hai que lle poñer gomas elásticas para que non se desfaga.
  • E xa se pode tinxir. So hai que escoller as cores e botarlle moito.
  • Se mete nunha bolsa hermética e se deixa sobre 48 horas para despois sacala, e lavala con auga morna para irlle quitando a modo as gomas (nada de xabón). Ao principio sairá auga con cor pero dalí a un pouco cando saia auga limpa xa a podemos tender para secar. E logo xa poderemos poñela.
  • No primeiro lavado na lavadora haberá que metela soa, sen mesturar con outra roupa.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Antes de poñelas, imos debuxar e recortar a nosa camiseta e tentar de coloreala igual, e así poderemos observar como todas son distintas e como se mesturaron cores facendo formas espectaculares (maiormente espirais)

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Outro día empregamos comida pocha para colorear e descubrimos como os limóns, cenouras, remolachas, chocolate, pementos… pintan sobre un papel branco coma se fosen pinturas, e a mais estrana e a remolacha que unha vez seca queda rosa. As que teñen mais auga son as que mellor descorren polo papel.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Cun cartón de leite caducado, xabón e pinturas podemos facer experimentos. Especialmente o de poñer un pouco leite nun prato. Botarlle distintos colorantes alimentarios e unha pinga de xabón líquido como lavalouzas e mirar os efectos.

E nesta ligazón de youtube moi ben explicado empregando mesmo iogur.

https://www.youtube.com/watch?v=clZ6v6m11lM

E como colofón algo que tamén se pode facer na casa cun cartón circular. Un soporte que o faga xirar e pintura líquida ( que se pode facer mesmo con auga e colorante) E observamos como tentando facer unha liña recta sae unha espiral. Velaquí o vídeo feito na clase

 https://www.youtube.com/watch?v=u8maxHP1LOY&feature=youtu.be

0 comentarios en “Explorando a cor en Ed. Inf.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *