Galería

«Out to Sea»… ou a viaxe dos plásticos

Que estamos a facer os seres humanos? E sobre todo, até cando?…

Viaxemos por exemplo da man do fotógrafo Chris Jordan á illa de Midway, un suposto paraíso no medio do océano Pacífico, colonia de cría do albatros:

http://www.youtube.com/watch?v=ozBE-ZPw18c

Por desgraza, isto non é máis que unha pequena mostra dunha preocupante realidade.

O medio, do que formamos parte, estase a converter nun inmenso vertedoiro debido, en grande medida, simplemente á falta de preocupación que temos á hora de consumir, ou ben, de xestionar os nosos residuos.  Cun pouco de xenerosidade, respecto pola vida e consciencia podemos cambiar estes malos hábitos. Fixádevos o que tardan algúns dos nosos residuos en desaparecer do medio mariño:

cuanto_tardan_en degradarse_MAR

Preocupados pola situación de deterioro do medio natural, este xoves os alumnos de 2º ESO visitamos a exposición «Out to sea» na Fundación Barrié da Maza onde, ademais de concienciarnos amplamente sobre o grave problema que xeran os plásticos no medio natural e reflexionar sobre posibles solucións, puidemos converternos en arqueólogos do futuro analizando o noso actual refugallo plástico.

Despois desta necesaria experiencia aproveitemos o blog para compartir as nosas impresións. Analicemos entre todos a información traballada durante estes días: que dato foi o que máis vos impactou?, como valorades a problemática dos plásticos na nosa sociedade?, que solucións aportariades para combater este grande problema?

Recordade que reverter a situación está en mans de TODOS NÓS.