Mobile Phone Recycling – MOBILise yourself for the forests!

mobile-phonesmobilizate

O departamento de ciencias da Escola decidimos implicarnos nunha campaña de concienciación do Instituto Jane Goodall sobre as consecuencias da extracción ilegal de coltán na República Democrática do Congo. O coltán é un mineral que polas suas características é utilizado maioritariamente para a fabricación de móbiles.

A súa alta demanda está ocasionando inumerábeis problemas, entre eles contaminación, conflictos bélicos, matanzas masivas de simios, explotación laboral…

Esta campaña consiste en tomar consciencia da cantidade de teléfonos móbiles  que moitos e moitas de nós temos nas casas e xa non utilizamos. Se optamos por reciclar todos eses terminais poderemos reducir a demanda de coltán, e por tanto colaborar na conservación dos ecosistemas e a protección de chimpancés de Tchimpounga.

Nos próximos días o alumnado de Science de 6º fará unha pequena presentación da campaña a outros cursos de primaria para que saiban en que consiste, pero queríamos adiantarnos e publicar no noso blog esta información tendo en conta a boa acollida que está tendo entre o alumnado que xa traballou a materia nas clases de Science. Aquí temos as palabras da propia Jane Goodall:

Esta semana habilitaremos un contedor na entrada da Escola para que depositedes os móbiles. Lembrade que non teñen que funcionar!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Máis información: www.movilizateporlaselva.org

fotografia

0 comentarios en “Mobile Phone Recycling – MOBILise yourself for the forests!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *