Este pasado mes de Febreiro fomos á sede da Fundación Barrié a visitar a exposición » Out to Sea» onde descubrimos a morea de refugallos de plástico que hai en todos os mares do mundo.
Contáronos como moitas das cousas que empregamos cada día están feitas de plástico e cando a xente se desfai deles dun xeito irresponsable, moitos chegan ao mar, onde tardan moitísimos anos en desaparecer, e algúns flotan e outros van para o fondo, afectando a moitos animais (ou os comen, ou quedan atrapados neles…)
Tamén nos falaron de como o plástico se pode reciclar . Primeiro o trituran, logo o quentan ata que se derrete e despois con el xa líquido fan novas cousas de plástico
Logo contáronos como unha opción de reciclaxe é reutilizalo para facermos obras de arte.
Ou recíclalo nos contenedores amarelos xunto con bricks de zume e leite e latas de metal. E de paso meter os restos de papel no azul e o vidro no iglú verde
De volta ao cole falamos do impactante que foi, E para comprobar o que nos dixeran sobre o que tarda en desfacerse o lixo no mar e ver como hai cousas que se desfán rápido e outras non. Fixemos un experimento.
Collemos un caramelo, quitámoslle o envoltorio e facemos unha hipótese sobre que pode ocorrer se o metemos nun vaso de auga.
Velaquí as hipóteses.
E así comprobamos como hai cousas que se disolven no mar, que non as vemos pero que están aí, como podemos comprobar co zucre e co sal mirando como desaparece pero como cambia o sabor da auga.
Seguidamente, facemos a nivel grupal o mesmo experimento pero metendo o caramelo co envoltorio de plástico no vaso de auga, e falamos que pode ocorrer agora. Curiosamente algúns pensan que se vai disolver outra vez. Así que o deixamos un día enteiro… E por suposto o caramelo segue aí, xa que o plástico non deixa pasar a auga e pasará moitísimos anos sen desfacerse.
E despois desto empezamos tamén a falar de como os restos das merendas se están a desfacer nos nosos composteiros, e como as veces topamos plásticos ou etiquetas das froitas…