Carlos A. Pluchino, 1ºB: Farmacia Natural (fase de cultivo)

Entrada realizada por Carlos para o blog da Farmacia Natural (http://farmacianatural.educabarrie.org/blog/):

«Iria comezou explicándonos que íamos facer, e sorprendeunos moitísimo o novo proxecto.

Asignou a dous voluntarios para preparar o material: coller un vaso e unha pastilla de terra compacta (rica en nutrientes), introducir a pastilla de terra dentro do vaso e por último enchelo de auga para que a pastilla a absorbera.

Mentres, repartiu unha bolsa de sementes a cada un de nós, que despois tíñamos que colocar dentro do vaso correspondente ao número que elixiramos. Xa para rematar, botamos un pouco de terra no vaso para cubrir as sementes.

Había 23 tipos de sementes distintas: unhas eran tan pequenas que medían 1 mm de diámetro ou menos, pero logo habían sementes moi grandes, que nunca vira, de 1 cm de diámetro.

Agora só se necesita regar e esperar, inda que xa apareceron os primeiros brotes verdes!»

 

IMG_6921