Out to sea o mar tamén ten amores. Final.

E o animal que vive no mar (tamén nalgúns ríos) e o conecta ca horta é…

A esponxa.

En realidade as esponxas son o esqueleto destes animaliños. Cando están vivos a súa aparencia externa é moi diferente a como os encontramos na tenda. O exterior do corpo téñeno cubertos por unha “pel” xelatinosa de cores ( Nalgunhas esponxas esa pel é tóxica). Viven dende hai moitos millóns de anos, mesmo antes que os dinosauros Cando son bebés, son larvas nadan sen suxeitarse a nada. Pero cando crecen, viven pegadas no fondo, normalmente a unha rocha e son de moitas formas, tamaños e cores. Algunhas especies mantéñense solitarias, outras forman colonias. Encóntraselles dende as augas cálidas ata as que están moi moi frías. As esponxas non teñen ollos, nin nariz, nin orellas nin cerebro Gran parte do corpo está cheo de buratos que son por onde pasa a auga para que poidan respirar e alimentarse. Aliméntase filtrando a auga da que toma sobre todo bacterias. A auga sempre flúe na mesma dirección, entra polos poros e sae por outras canles. As esponxas forman parte do ecosistema acuático dando refuxio a outros animais como peixes, cangrexos… Tamén son o alimento dalgúns moluscos. Pois resulta que sempre se arrancaron para usalas no baño, lavar pratos… Colléronse tantas que nalgúns sitios chegaron a estar en perigo pero hoxe en día empeza a recuperarse o seu número e nós queremos aproveitar un espazo na nosa horta para plantar luffas, as esponxas vexetais. Axudaremos a que se recuperen e trataremos de cultivar algo que non comeremos, senón que será para o aseo.

Polo de agora estamos á espera de xerminaren e logo xa as levaremos á horta.

Están en vasiños despois de mesturar compost mercado e humus de lombriga feito na escola.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *