Temos boas noticias!!!
A clase de 5º Maria Montessori fixo un reconto dos móbiles recollidos desde o inicio da campaña MOBILise yourself for the forests. Podemos confirmar que son suficientes para iniciar os trámites necesarios para ser Chimpamig@s, ou o que ven sendo o mesmo, amadriñar ou apadriñar o noso primeiro chimpancé.
Moitas grazas a alumnado e familias por facer isto posíbel, mais non esquezades que a colecta continúa!
http://www.janegoodall.es/es/chimpamigos.html
Toda campaña precisa apoio constante e implicación, e unha boa mostra é esta carta escrita por Carmen Pachón Reboreda, alumna de 5º Maria Montessori.
Información sobre a campaña: https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/03/10/mobile-phone-recycling-mobilise-yourself-for-the-forests/