Campañas de concienciación sobre o COLTAN

Os alumnos e alumnas de 2º ESO estiveron traballar arreo e xa comezan recoller os froitos do seu facer!

Tras traballar o tema dos materias en Tecnoloxía, detivémonos nun deles: o coltan.  Tardou en chegar este momento xa que queriamos purrar da campaña “Mobilízate pola Selva”, na que  está a participar a Escola, para poder aportar o noso gran de area. E para iso, ideamos e deseñamos, por grupos, diferentes campañas que nos servisen para informar, concienciar e animar a participar á poboación (dentro e fóra da Escola) nesta interesante e relevante acción.

Moitos dos rapaces puideron comprobar que en xeral hai un grande descoñecemento sobre o que hai detrás da explotación do coltan; mineral do que hai grande demanda, por parte dos países máis desenvoltos, ao empregarse en moitos dos nosos aparellos electrónicos.

Inda que somos nós os principais beneficiarios do emprego deste mineral, a súa extracción realízase principalmente na R.D. do Congo; país onde, por falta de control e regulación na súa explotación, se desenvolven importantes conflictos, tanto sociais como ambientais.

Para poder ser consumidores responsables é fundamental estar informados, e por iso @s nos@s alumn@s empregaron a súa creatividade e os recursos que tiñan ao seu alcance para axudarnos a ser, se cabe, un pouco máis críticos e responsables co mundo do que formamos parte.

A continuación algunhas mostras da grande riqueza e diversidade de formatos que empregaron @s nos@s cativ@s para alzar a súa voz nesta campaña! E seica non hai como ofrecer un espazo no que empregar a imaxinación,  e desenvolver a creatividade “non adormecida” dos  rapaces, para recoller semellantes froitos!  Velaí vai unha mostra do potencial d@s nos@s alumn@s:

Tríptico informativo, por Andrea Fernández, Alejandra Álvarez, Jimena Dominguez e Laura Pérez (2º B):

TRÍPTICO   (pinchar sobre a palabra)

tríptico

PANCARTAS, por Alexandra Arias, Asun Lloves, Iria Maquieira e Laura Isasi de 2ºB (ubicadas no “Recanto das Ciencias”, na entrada da Escola, xunto á caixa para a recollida de móbiles en desuso) :

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

VÍDEO, por Alba Gómez, Ana Pachón, Carmen Cavada e Clara Villamor (2ºB):

 

BLOG!, por Ana Domínguez, Antía Calvo, María Ramos, Paula Cameselle e Pedro García-Trejo de 2ºA (pinchar no seguinte enlace):

http://rosaliacocoltan.blogspot.com.es/

blog

 

PRESENTACIÓN, por Fabio Bernárdez, Javi López Roselló, Jorge Fuego, Pablo Martíns Tuche e Yago Rodríguez (2ºA):

Coltan_Presentación.pptx  (pinchar sobre o texto)

coltan_presentación (en pdf)

coltan_pptx

 

* Que vos parecen os traballos d@s vos@s compañeir@s?  Xa sabedes, podedes comentarlles algo!

0 comentarios en “Campañas de concienciación sobre o COLTAN

  1. Iria Maquieira Cerviño dijo:

    Parécenme traballos moi interesantes e ben feitos que poden concienciar á poboación sobre este problema que acaba coa vida de moitas persoas.

  2. Pablo Somoza dijo:

    Parécenme traballos do máis orixinais, aínda faltan algúns coma o noso, que está feito ao “estilo americano”.
    Espero que o noso traballo sirva para algo.

  3. Teresa López dijo:

    Sinceramente, eu opino que facer este estilo de traballos na escola é unha tarefa importante, á vez que interesante, xa que estes problemas descoñecidos pola maioría de nós só se poderán solucionar co traballo e esforzo da poboación e das persoas ás que realmente lles importan as inxustizas que se están a levar a cabo.
    En canto aos proxetos, creo que estamos a facer un gran traballo, entre todos.

  4. Clara Alonso dijo:

    Fomentar o traballo ben feito é unha forma moi boa de mellorar os nosos proxectos pouco a pouco, curso a curso. Os traballos son moi orixinais e están moi traballados. Teremos que aprender deles e ir mellorando.
    Espero que a xente se conciencie deste tema, se vexan tódalas inxustizas e que se tenten parar moitas delas.

    • Iria Guntín dijo:

      É moi importante o que dis, Clara. A aprendizaxe é unha bela escaleira que nos leva cara un mundo cada vez máis interesante, cheo de riqueza; pola que debemos ir subindo, pouco a pouco, pero con paso seguro. E boa mostra da voso progreso e evolución é a implicación e bo facer empregados nesta proposta. Con boa vontade e esforzo, como xa amosáchedes, seguiredes subindo eses chanzos!

  5. Tania Viéitez dijo:

    Espero que con todos os traballos, pouco a pouco poidamos concienciar á xente para que non se explote o coltan de xeito ilegal. Con que poñamos un graniño de area cada un, podemos salvar vidas de moitas persoas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *