Charla na Farmacia Natural: Evolución da FITOTERAPIA ao longo da historia, por ALMUDENA RIVAS SEBE

A pasada semana completamos a nosa experiencia dentro do proxecto “Farmacia Natural” cunha magnífica charla sobre fitoterapia impartida por unha das nosas nais, Almudena Rivas (farmacéutica).

Xunto con ela viaxamos, empregando unha máquina do tempo, polas diversas culturas que cultivaron o estudo das propiedades medicinais de diversas plantas así como o seu uso: dende os exipcios até os tempos modernos.

maq tempo

Ademais de viaxar ao través do tempo, tamén puidemos observar ben de cerca e tocar diferentes útiles, como os albarelos onde se gardaban as plantas, os morteiros onde se machucaban ou os alambiques onde se destilaban. Pero non só quedou niso, tamén traballamos o olfacto: ulimos varios recipientes con macela, anís estrelado, anís verde, estevia, valeriana, etc…  E esta última non deixou a ninguén indiferente, que intensa se volveu de súpeto a atmosfera!

Foi unha bela experiencia para todos nós: grazas Almudena! 

Por este ano xa pechamos a nosa farmacia particular. Na Escola xa vai demasiada calor , así que é tempo de que as plantas viaxen aos fogares dos seus pequenos pais e nais adoptiv@s para continuar cos seus coidados. Bo traballo, rapaces!

En breves, saíran á luz os documentais realizados pol@s nos@s alumn@s sobre a historia e propiedades medicinais das 23 especies traballadas.