Na festa da Escola, xa moitos puidéstedes escoitar, da boca d@s propi@s alumn@s de 2º ESO, como temos que facer para elaborar un bo xabón de xeito artesanal.
Ademais de reciclar o aceite usado da Escola, residuo de difícil tratamento e negativa repercusión no medio natural, apredimos algunhas cuestións básicas sobre química (como acontece a reacción de saponificación, importancia do pH, etc).
O proceso foi laborioso pero pagou a pena! Realizamos a actividade en 4 quendas, entre os meses de Abril e Maio, e un mes despois xa temos o xabón curado (reacción de saponificación finalizada). Só nos queda medir o pH, mais de seguro obtemos un bo resultado: mirade que bo aspecto ten o xabón e que ben o fixeron os nosos rapaces.