GRUPOS DE TRABALLO VOLUNTARIO: NACEN AS “PATRULLAS VERDES”!

A inquietude e voluntariedade dos nos@s alumn@s non ten freo nin parangón! Así que…por que non ofrecerlles a oportunidade de crear, desenvolverse nas súas diversas facetas, máis aló das paredes da aula? A Escola representa un tempo e espazo idóneos para a autorrealización, onde @s nos@s alumn@s deben ser os máximos protagonistas. E é por iso que nace este novo proxecto, que desexamos teña continuidade nos vindeiros cursos.

Historia dun novo nacemento: como xorden as patrullas científicas?

Tras traballar en 2º ESO a problemática medioambiental xerada polo aumento no consumo de plásticos e a falta de concienciación respecto ao seu reciclado (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/02/27/out-to-sea-ou-a-viaxe-dos-plasticos), moitos alumnos amosáronse preocupados e altamente sensibilizados pola deteriorada situación

“e que podemos facer nós para mellorar isto?! Pois podemos contar o que agora sabemos, informar; axudar a que outras persoas se sensibilicen e desenvolvan unha maior preocupación co gallo de trocar os malos hábitos”

Así é como comeza a xermolar a idea de crear un grupo voluntario que poida dar unha charla a outros compañeiros da Escola. E así foi. Velaquí os altruístas colaboradores:

Patrulla "Plásticos" (2ºESO A)

Patrulla “Plásticos” (2ºESO A)

Este traballo segue en marcha; pero de xeito paralelo xurdiu outro grupo, aficcionado aos paxaros, que se ofreceu voluntario para realizar as fichas identificativas das 4 especies que actualmente temos na Escola.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Fixeron un excelente traballo que xa loce na paxareira, pero para os que inda non o víchedes, velaquí queda:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Neste grupo participaron alumn@s de Primaria e Secundaria, sendo este outro dos obxectivos dos grupos de traballo voluntario: que os alumnos de diferentes etapas colaboren entre si e aprendan dende a diversidade e respecto mutuos. Sen lugar a dúbidas, entre todos seguimos construíndo a Escola.

0 comentarios en “GRUPOS DE TRABALLO VOLUNTARIO: NACEN AS “PATRULLAS VERDES”!

  1. Helena dijo:

    Fermosa iniciativa e fermoso traballo o que están a facer. Temos que estar moi orgullosas das nosas nenas e nenos. O próximo curso máis e mellor! 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *