As nenas e nenos de 5º E. Curie tamén quixeron presentar os seus proxectos de concienciación medioambiental en 1º de primaria, deixando claro que aínda que o día da súa conmemoración foi o 5 de xuño é importante que o teñamos presente todos e cada un dos días.
En vista da boa acollida que están tendo os proxectos entre o alumnado, tamén os presentaremos nas clases de 2º de primaria.
Parabéns a todas e todos!