As Patrullas Verdes unen 5º de primaria e 2º da ESO por unha boa causa

image_5

As patrullas verdes, integradas por nenas e nenos de 6º de primaria e 2º da ESO, son unha iniciativa voluntaria que naceu para encher un espazo que consideramos moi necesario na nosa escola. Precisamos fomentar a creatividade do noso alumnado, a súa inquedanza, as ganas de aprender, de traballar en equipo e tamén de poder transmitir que unha boa parte das problematicas ás que nos enfrontamos cada día son responsabilidade colectiva e por tanto a súa transformación depende de todas e todos nós.

Os grupos de 5º de primaria tivemos a sorte de presenciar unha excelente exposición a cargo da patrulla verde encargada de concienciar sobre a problemática dos plásticos. (2º da ESO)

Con esta interesante charla demos por concluído o traballo de medio ambiente de Natural Science do curso 2014/2015, pero tamén serviu para tratar un tema moi importante na última sesión da materia de Valores Sociais.

A patrulla verde de 2º da ESO fixo a súa parte e sen dúbida deixou o listón moi alto. Agora ficamos á espera das non menos boas aportacións de 5º de primaria sobre a experiencia; o que máis vos impresionou, o que vos pareceu mais curioso, o que considerades mais importante… Comentade!

Parabéns de novo polo bo traballo, o entusiasmo e o compromiso que amosades sempre coa educación ambiental. O próximo curso máis e mellor.

Longa vida ás patrullas verdes!

Galería E. Curie:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Galería Maria Montessori:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

0 comentarios en “As Patrullas Verdes unen 5º de primaria e 2º da ESO por unha boa causa

  1. Iria Guntín dijo:

    Longa vida!
    Estou moi orgullosa destes rapaces, da súa boa e altruísta iniciativa e excelente traballo con ambos grupos de Primaria! De seguro os compañeiros aprenderon e se sensibilizaron un pouquiño máis con este problema, así que obxectivo acadado!

    As profes tamén disfrutamos moito da vosa charla. Ben feito!

    Grazas

  2. María Ramos dijo:

    Foi un pracer facer esta actividade cos nenos de primaria (que se portaron moi ben) e así conciencialos máis. Una boa experiencia a de facer de profesor por un día! Boa entrada!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *