Traballo pendente

DSC_0939

Xa estamos de volta na escola! Ben é certo que a maioría aínda tedes algún día máis de vacación ante de comezar as clases. Pero hoxe día un de setembro é o momento de rematar aquelas cousas que nos quedaron pendentes en xuño para poder comezar un novo curso sen ningunha conta pendente.

A nós esquecéusenos publicar as fotos do traballo que poderedes ver na entrada da escola. A cara agochada de Thales de Mileto, importantísimo filósofo e matemático grego. Román xunto cun grupo de alumnos de cuarto da ESO, que están a piques de comezar o bacharelato, descompuxeron o retrato que só se pode ver dende un punto exacto preto da porta principal. Un consello para apreciala mellor, mirar só cun ollo.

Anímovos a que busquemos todos a Thales.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *