Saída 2º ESO: roteiros de interpretación ambiental na Universidade de Vigo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Hoxe gozamos dunha agradable mañá na contorna da Universidade, da man dos guías da Oficina de Medio Ambiente Álex e Santi.

Xunto con eles percorremos este espazo natural, interpretando aquilo que nos rodeaba.

Atravesamos varios hábitats (mato, piñeiral, devesa, lagoa, etc) valorando a súa función e riqueza biolóxica, analizamos algúns problemas de impacto ambiental e, entre outras cousas, recordamos a importancia da conservación da biodiversidade propia para preservar un equilibrio ecosistémico natural.

Faláronnos, por exemplo, sobre os problemas que están a ter con algunhas especies invasoras (acacia, visón americano, cangrexo americano…), as cales, ao non atoparse no seu medio habitual, proliferan de xeito descontrolado debido á ausencia de depredadores naturais. A competencia que establecen coas especies autóctonas xera un desequilibrio de negativas repercusións.

Tamén aproveitamos para pórnos en acción e identificar diferentes especies vexetais, arbustivas e arbóreas, empregando as claves dicotómicas que aprendemos a utilizar o curso pasado! Case todos conseguiron identificar especies como o acivro, capudre, pradairo, bidueiro, estripeiro, salgueiro, etc.

Ben feito, rapaces! E moitas grazas aos nosos guías.

Agora tócavos a vós: que aprendizaxe/vivencia resaltariades da saída de hoxe? Non deixedes de compartir a vosa experiencia!

0 comentarios en “Saída 2º ESO: roteiros de interpretación ambiental na Universidade de Vigo

  1. Susi Peteiro dijo:

    A min gustoume moito a saída, xa que aprendín moitas cousas. Conseguín averiguar os nomes dalgunhas árbores novas, como o capudre, grazas ás claves dicotómicas. Tamén vimos pegadas de visón americano no chan á beira da lagoa e trampas que empregaban para capturar os cangrexos americanos. Os nosos monitores Alex e Santi explicáronnos moitas cousas de interese. Á vez, foi outra actividade de grupo, xa que traballamos por parellas. En resumo paseino moi ben! Moitas grazas.

  2. Marta Pastoriza dijo:

    A saída pareceume moi interesante xa que nos serviu para repasar o que aprendimos o curso pasado.
    Destacaría a identificación das árbores mediante as claves dicotómicas. É moi divertido!!

  3. Carla González dijo:

    A min gustoume moito porque aprendín moitas cousas. Os monitores (Santi e Alex) fixéronnos pasar un bo rato porque inda que aprendimos moitas cousas non resultou nada pesado xa que sabían explicalo todo moi beeen.

  4. Aldara Suárez dijo:

    Encantoume a saída, pero eu resaltaría o momento no que nos paramos a falar do que facían as árbores para evitar ter as avespas neles.
    Pero a saída fíxoseme cortísima, encantaríame que forá un pouco máis longa.

    • Iria Guntín dijo:

      Falas dos bugallos, verdade Aldara?
      Si, é unha reacción moi curiosa que teñen as árbores para “protexerse” cando algúns insectos, como as avespas, poñen os ovos nos seus tecidos.

      • Anton cid dijo:

        A min gustoume moito a saída.
        A aprendizaxe que eu resaltaría é o da repoboación do bosque porque non o sabía e sempre está ben aprender cousas novas. Espero que as demais sexan así.

  5. Daniel León dijo:

    A min gustoume moito a saída porque os nosos monitores (Alex e Santi) explicaban todo moi ben. Alex era moi divertido e bromista.
    Pareceume moi boa a explicación que deron sobre o impacto medioambiental, os bugallos e a importancia dos matorrais.

  6. Rodrigo Gomez dijo:

    A saída pareceume moi interesante xa que aprendin moitas cousas que non sabía. Alex e Santi fixeron a saída amena. Na actividade que realizamos coas claves dicotómicas aprendin árbores que non coñecía como o capudre. Paseino xenial!!

  7. Sara Campos dijo:

    Encantoume a saída, sobre todo cando aprendimos o que eran as claves dicotómicas e puidemos averiguar tantos nomes de árbores e saber indentificalas. Ademais os monitores explicáronnolo moi ben.

  8. Enrique Otero Fernández dijo:

    Gustome moito a saída porque os monitores explicáronnos moi ben o impacto medioambiental que fai o home sobre os ecosistemas.

    Pareceume curioso que nas estradashaxa matos para evitar que os animais morran arrollados.

  9. Anxo Muñiz dijo:

    A min gustoume a saída, xa que, entre outras cousas, aprendimos a importancia do toxo, que adoita ser unha planta mal apreciada pola xente, cando en verdade sucede todo o contrario, o medio ambiente necesítaa.🌳

  10. Andrés Bernárdez dijo:

    Eu destacaría da saída as claves dicotómicas, xa que foi o máis divertido. Aínda así tamén me gustou a explicación sobre o “impacto medioambiental”. Ao principio parecíame unha saída aburrida, pero pouco a pouco engancheime ás explicacións de Santi e Alex.
    Serviunos para coñecer novas especies vexetais e curiosidades do Campus.
    Chamoume a atención o refuxio no que había pedras para que os anfibios non pasaran frío en inverno, ademais isto protéxelles dos depredadores.
    Moi boa saída!

  11. Angel Gonzalez dijo:

    A min a saída gustoume moito e non se fixo pesada debido ás espléndidas explicacións que deron Alex e Santi.
    Aprendín cousas novas como os nomes dalgunhas especies invasoras (cangrexo americano, acacias…) E tamén puidemos averiguar algunhas especies arbóreas (capudre, acivro…)
    En resumo esta saída estivo moi ben planificada.

  12. ALEJANDRO CALVIÑO dijo:

    A min gustoume moito a saída . O que máis me impactou foi o da estrada, que era moi prexudicial para o ecosistema do parque. E me pareceu moi curioso o da barreira natural que facían as árbores para que os ruidos e as luces non afectaran tanto ao parque e aos seus animais

  13. Álvaro Pérez dijo:

    A saída foi moi interesante, aínda que facía moita calor e dixéronnos que viñéramos abrigados…
    Os monitores eran moi simpáticos e estaban enterados do tema. Faláronnos dos ecosistemas que había, as especies invasoras e como a construcción do campus afectou a toda a zona obligando as especies a adaptarse. Resaltaría o aprendizaxe dos nomes das características coas que se clasifican ás follas na clave dicotómica (se son lobuladas ou compostas ou teñen a marxe espiñenta…), como se forman os bugallos e os nomes de algunhas árbores
    En resumo, todo moi divertido 🙂

  14. Carlota Cid dijo:

    A min a saída gustoume moito xa que cunha saída aprendes moitas cousas, e dunha forma moito máis divertida. Gustoume moito tamén a experiencia de investigar todas as árbores coa clave dicotómica e compartir a túa opinión e axuda cun compañeiro. Os guías foron moi pacientes e moi amables con nosco . Repetiria esta saída perfectamente. un saúdo

  15. Iago Guitián dijo:

    A min gustoume moito a saída porque aprendimos hábitats da natureza q non sabiamos e estan aí presentes.Tamén aprendimos as diferentes especies de árbores e arbustos que hai por todo o campus (mato,piñeiro,capudre, etc).Tamén apredín as diferentes consecuencias no medio nas cousas q facemos e destruímos a biodiversidade. En definitiva gustoume moito e apoio que se fagan máis saídas.

  16. carlospluchi dijo:

    Eu resaltaría da viaxe os contidos aprendidos sorbre o impacto ambiental que xerou o home: a tala masiva de árbores para obter recursos, os postos de electricidade, as estradas, a contaminación que afecta a fauna e flora nos bosques ou os problemas que xeran as especies invasoras nos bosques de todo o mundo.
    Paseino moi ben, porque tamén traballamos e compartimos tempo na natureza todos xuntos.

  17. miguel dijo:

    Gustoume moito a saída. O que máis me gustou foron os cangrexos do río (os invasores) e tamén chamoume moito a atención o que facían as árbores cando lles picaba unha avespa. Espero que haxa moitas máis saídas como esta.

  18. Alvaro Vázquez dijo:

    Pareceume unha saída moi curiosa e divertida. Os monitores (Alex e Santi)explicáronnos moi ben todo e o fixeron moi entretido.
    O que máis me sorprendeu foi o prexudicial que é a estrada, non tiña ningunha idea, e sorprendeume como contrarrestaron iso.
    O das claves dicotómicas foi o máis divertido e gustoume aprender novas plantas.
    En xeral,unha saída moi boa 👌

  19. Nesta saída coñecimos a fauna e a flora do campus da Universidade. O que maís me gustou foi a actividade das claves dicotómicas, xa que me permitiu saber a clase de árbore da que se trataba. Foi unha saída moi amena e interesante.

  20. Nacho Cagiao dijo:

    A verdade é que a saída gustoume moito. Foi xenial ir polo monte mentres os monitores, Santi e Alex, explicábanche todo o que estabas a ver.
    Eu como aprendizaxe resaltaría o que nos dixo Santi sobre que alí, fai uns anos, había varias mámoas, pero que pola construción da Universidade destruíronse case todas. Pareceume triste e interesante á vez.

  21. ainoa lopez galan dijo:

    A min me gustou moito a saída porque aprendimos moitas cousas que antes non sabía pero o que máis me gustou foron as claves dicotómicas xa que foi unha actividade interesantesante e divertida.

  22. Pablo Lastra dijo:

    A saída foi moi entretenida e aprendín moitas cousas sobre as árbores e as plantas. O que máis me gustou foi poder identificar as árbores utilizando a clave dicotómica. É moi interesante identificar as especies vexetais en función das súas características.

  23. Carla González dijo:

    Eu resaltaría o que nos explicaron sobre as especies dos animais invasoras, o visón americano e o cangrexo americano, porque cría que só habia especies invasoras vexetais.

  24. Iliana Duran Alonso dijo:

    A min a saída pareceume xenial, paseimo moi ben e como fixo bo tempo puidemos disfrutar do camino sen présa. Chamoume moito a atención o dos cangrexos americanos e as pegadas do visón preto do río. A aprendizaxe que me gustaría resaltar é a das claves dicotómicas por parellas porque era moi interesante.

  25. Miguel Lestón dijo:

    Me gustó bastante la salida ya que no se hizo muy pesada porque los monitores Santi y Alex sabían explicar fluídamente,también pude ver los árboles q aparecían en la clave dicotómica y poder tocar las hojas, olerlas, etc.

  26. Marcial Medela dijo:

    A min gustoume moito a saída e os monitores sabían moito do tema polo que puidemos aprender moito das súas explicacións. O que máis me chamou a atención foron os bugallos porque nin sequera escoitara falar deles e impresionáronme moito.Tamén me gustou bastante facer as claves dicotómicas.

  27. Ana Crespán dijo:

    A min encantoume a saída. O que máis disfrutei foi o exercicio das claves dicotómicas e impactoume moito o número de especies que hai no CUVI.
    Tamén me gustou saber que podemos identificar que animal comeu unha piña só pola forma na que está.

  28. paula bermudez dijo:

    A saída gustoume moito xa que aprendín moitas cousas novas! Encantoume a actividade do final, foi moi interesante xa que vin especies de árbores nas que nunca me fixara e tamén aprendín o dos bugallos, que non tiña nin idea! Foi unha magnífica experiencia.

  29. Uxía Pousa dijo:

    Para ser a primeira saída do cuso, coma dixeron os meus compañeros, foi moi interesante, divertida e entretida. A min me encanta a natureza así que como non me ía quedar satisfeita! Tivemos sorte dos guías. Unha cousa interesante que resaltaría é que vimos un cogomelo moi coñecido (o típico vermello con puntos brancos). Non me vou a enrolar máis…Saída de 10!

  30. Diego Sánchez Pinzón dijo:

    A min gustoume moito a saída, xa que para repasar todo o que dimos o curso pasado é mellor estar nun entorno similar ao estudado. Aprendín moito de outras árbores que non coñecía grazas ás claves dicotómicas e aos coñecementos dos nosos monitores Álex e Santi.
    O que máis me gustou da saída foi cando fumos ás lagoas e explicaron os distintos animais invasores que vivían na zona como o visón americano e o cangrexo americano.

  31. Javi Sánchez Pinzón dijo:

    A saída foi estupenda.
    Estivemos con Alex e estivemos vendo e falando sobre os bugallos e encontrei un bugallo siamés. Ademais puiden ver algún que outro sapo.
    Gustoume moito a saída pero encantoume averiguar árbores coas claves dicotómicas.
    Foi moi divertido

  32. Carla Rodríguez Álvarez 💜 dijo:

    Pareceume unha saída moi bonita da que aprendín moito de arbóres e tamén de animais e eu destaco o das claves dicotómicas por que ademais de aprender pareceume moi divertido. Gustoume moitisimo 🌲🌸

  33. Raquel López dijo:

    A min gustoume moito a saída, o que máis foi cando traballamos coas claves dicotómicas, aprendín moitas árbores que antes non coñecía.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *