«Mobilízate pola Selva»: xa somos oficialmente centro de recollida de móbiles!

opcion 2

O curso pasado embarcámonos na Escola nunha importante campaña de educación  e concienciación: «Mobilízate pola Selva».

A  campaña nace da man do Instituto Jane Goodall, presidido por esta eminencia da etoloxía dos chimpancés, e o que promove é a recollida e reciclaxe de teléfonos móbiles vellos en desuso, co gallo de recuperar un compoñente básico empregado en moitas tecnoloxías, o coltan.

O curso pasado moitos rapaces e rapazas de 5º e 6º Primaria e 2º ESO traballaron con afán a problemática SOCIAL e MEDIOAMBIENTAL que, inda hoxe, deriva da extracción deste mineral, concretamente na R.D. do Congo. Neste país a obtención do coltan conleva un dobre, e cruento, problema:

  • Intensos conflitos bélicos que teñen provocado a morte dunha morea de inocentes.
  • Alta mortaldade de chimpancés pola redución, entre outras causas (caza furtiva, mercado negro, etc), do seu hábitat natural.

Nós somos consumidores destas tecnoloxías, e como tal temos unha responsabilidade. Pero para poder ser responsables e  tomar decisións o primeiro é estar ben informados.

Descoñecedores deste asunto, @s alumn@s quedaron abraiados ao coñecer a crúa realidade que están a vivir os habitantes do Congo e para aportar o seu grao de area realizaron magníficos traballos coa finalidade de concienciar ao resto da Escola e animarnos a reciclar os nosos vellos móbiles.

Podedes atopar o seu traballo en varias entradas do blog:

https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/05/14/mobilise-yourself-for-the-forests-thank-you-all/

https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/04/23/get-involved-in-our-campaign/

https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/05/09/campanas-de-concienciacion-sobre-o-coltan/

33

O curso pasado entre todos conseguimos recompilar máis de 30 terminais!, o que tamén nos permitiu tramitar o apadriñamento dun dos chimpancés que viven en Tchimpounga, centro de rehabilitación, creado polo Instituto Jane Goodall no Congo, para a recuperación e conservación desta especie… tan próxima a nós (este trámite inda segue en curso).

Hoxe podemos dicir que A Escola Rosalía de Castro xa é oficialmente centro de recollida na cidade de Vigo. E isto é posible grazas a todos!

No facebook de Mobílizate pola Selva- Galicia están a colgar algúns dos traballos que fixeron @s nos@s alumn@s,  co que o seu bo facer está a ser de grande utilidade: parabéns!

https://www.facebook.com/MobilizatePolaSelvaGalicia?fref=nf (pincha no enlace)

Mobilizate-Galicia

Esperamos seguir recuperando móbiles a axudando dende a Escola pois a causa é máis que xustificada.