6th Grade Project: Environmental problems in Galicia, Spain and Europe. How are they affecting our landscapes?

A semana pasada na clase de Science de 6º de primaria vimos un video titulado Nature is speaking. (https://www.youtube.com/watch?t=114&v=WmVLcj-XKnM)

En primeiro lugar expresamos a nosa opinión, facendo unha choiva de ideas para facer un mapa conceptual con todos os problemas ambientais que nos suxire o video e tamén outros que coñecemos. Alguén propuxo contextualizar os problemas, sinalando no mapa os espazos que se ven afectados. Chegamos á conclusión de que a polución, o cambio climático, a contaminación, os lumes etc afectan ao relevo de toda a nosa xeografía, sen excepción. Por último analisamos algunhas noticias recentes sobre problemas medioambientais que nos afectan moi directamente ás galegas e galegos e non merecen que lles deamos as costas.

Todo isto inspirou a creación do noso primeiro proxecto para este curso 2015/2016, titulado “ENVIRONMENTAL PROBLEMS IN EUROPE, SPAIN AND GALICIA: how are they affecting our landscapes?

Como o seu nome indica traballaremos aspectos de Natural Science e Social Science, establecendo vínculos entre as dúas disciplinas. Xa temos equipos de traballo, e tamén o primeiro rascuño dos nosos subproxectos (Fracking in Spain, Pollution in Vigo, Farming, Fires in Galicia, Contamination of rivers and oceans, Deforestation…) Levaremos a cabo unha rigorosa fase de investigación, onde ademais de consultar, contrastar e verificar información na rede ou en libros especializados, teremos que tentar establecer contacto con persoas expertas en determinados temas para que nos axuden.

Que pretendemos con este proxecto? En primeiro lugar temos curiosidade e queremos informarnos, pero moito mais importante é saber que nos vai servir de ferramenta para poder concienciar ao resto da comunidade educativa da importancia dos temas que estamos a tratar.

Deixamos un adianto fotográfico da fase de investigación. Esperamos que vos guste a nosa iniciativa. Seguiremos informando!

Students and teacher of 6th A. Cunqueiro & R. M.ª Aller

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *