Poderemos polinizar dúas plantas de diferente especie?
Como adquiren as plantas os nutrientes?
Como diferenciamos unha planta comestible dunha velenosa?
Se tapamos unha planta buscará a luz?
Como son as plantas por dentro?
Como se relacionan as plantas?
Estas son algunhas das preguntas que se facían as nenas e os nenos de 5º de primaria a primeira semana de clase cando visitamos a horta escolar e Helena preguntou se nos gustaría colaborar co proxecto que fixeron en 5º de primaria o curso pasado. A resposta foi un SI unánime e enxordecedor, pero rapidamente comezamos a ter dúbidas sobre algunhas cousas e entendimos que era una responsabilidade moi grande e por tanto precisabamos estar preparadas e preparados para este desafío.
O primeiro que fixemos foi visitar o laboratorio da escola para entender un pouco mellor as diferenzas entre as células vexetais e as animais, algo que nos resultou moi curioso. Non hai mais que ver as nosas caras nas imaxes!
A experiencia no laboratorio non fixo mais que alimentar a nosa curiosidade e motivou o noso interese por descubrir por nós mesmas/os a resposta a todas esas preguntas que nos fixemos na primeira semana de clase.
O certo é que no proceso de planificación do proxecto temos cada vez máis dúbidas, pero xa sabemos que de todas esas dúbidas e problemas sairán novas aprendizaxes que compartiremos entre todas e todos. Tamen temos hipóteses e as nosas propias teorías sobre todas esas cousas que levaremos á prática. Algunhas das hipóteses seguramente estarán erradas e quizáis os experimentos non saian todos da maneira que esperamos, pero sabemos que aprenderemos moitas cousas polo camiño.
Aquí temos unha escolma fotográfica do traballo por grupos que realizamos nos últimos días, onde estamos empregando material de refugallo ou plantas que temos na casa, ademais de sementes prodecentes de vexetais e froitas que consumimos na casa ou na merenda.
Non perdades detalle, de seguirmos con este ritmo moi pronto poderemos presentar o noso proxecto final ao resto da escola!
5th – E. Curie & Maria Montessori
Maria Montessori avanzando na parte prática dos proxectos:
Os grupos de E. Curie perfilando os proxectos antes de comezar a fase prática: