Participamos na misión CHEOPS

España está a participar no proxecto da Axencia Espacial Europea “CHEOPS” (CHaracterizing ExOPlanet Satellite) coa elaboración do satélite que será posto en órbita cara decembro do 2017. Como o seu acrónimo indica, o satélite ten por finalidade a busca e  análise de exoplanetas, é dicir, planetas pertencentes a sistemas estelares distintos do noso.

O satélite CHEOPS permitirá estudar os “tránsitos planetarios”, é dicir, a breve diminución do brillo da estrela dun sistema cando o planeta que a orbita cruza a nosa liña de visión. Como resultado destas observacións poderase identificar aos planetas e caracterizalos en función do seu tamaño, densidade, tipo de superficie, etc.

Co gallo de achegar este proxecto aos máis pequenos, a Axencia Espacial Europea ofreceu, a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, a oportunidade de realizar un debuxo sobre o tema. De entre todos os debuxos realizados por nen@s españois, 250 serán seleccionados e gravados, en miniatura, na placa que irá adherida á sonda que viaxará ao espazo.

Parabéns aos nos@s participantes e moita sorte nesta aventura espacial.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

0 comentarios en “Participamos na misión CHEOPS

    • Iria Guntín dijo:

      Que tempos!! E que belas imaxes… xa choveu dende o romántico “pálido punto azul” de Carl Sagan.
      Unha honra, repleta de ilusión, para @s nos@s cativ@s poder participar en semellantes fazañas!
      Grazas por estar sempre aí, Almudena.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *