A Escola amadriña un chimpamig@!: “Mobilízate pola Selva”

chimpamigoChegou o día!: o Instituto Jane Goodall ofrécenos a oportunidade de amadriñar a un dos chimpancés de Tchimpounga, a reserva-santuario  congoleña que crearon e que están a financiar cos cartos que recaudan ao través dos seus proxectos.

Como recordaredes, o curso pasado colaboramos con eles ao través da campaña “Mobilízate pola Selva”, cuxo obxectivo é evitar que cheguen ao lixo os móbiles estropeados para poder recuperar o coltan que conteñen… E seica cun xesto tan sinxelo, como é reciclar os nosos móbiles, contribuímos a salvar vidas e aportamos esperanza, pois axudamos a financiar proxectos de diversa índole en países tan sometidos como a R.D. do Congo.

Os alumn@s realizaron múltiples traballos e excelentes campañas de concienciación para explicar a problemática social e ecolóxica ligada á extracción deste cobizado mineral.

Grazas á implicación dos nos@s alumn@s e a colaboración de tod@s (nen@s, familiares e profes), o curso pasado conseguimos recuperar  máis de 30 móbiles estropeados, motivo polo cal a día de hoxe podemos amadriñar a un destes pequenos amigos.Tchimp

Estes días temos que decidir a que chimpamig@ amadriñar, e ao longo dun ano recibiremos noticias dende o Congo sobre a súa evolución (“Cartas dende Tchimpounga”), así como doutras novidades deste Centro de Rehabilitación de Chimpancés.

E como non podía ser doutro xeito, queremos contar coa vosa colaboración, así que vos deixamos nas seguintes entradas enlaces  relacionados con cada un dos chimpancés que esperan ser amadriñados (Aznac, Kauka, Kudia e Lemba) para que coñezades a súa historia persoal de superación e recuperación.

Para elexir, deberedes entrar no post do chimpancé en cuestión (pinchando no título) e darlle ao “Me Gusta/Like” que aparece ao final do texto. Á volta da ponte, o mércores 9 de Decembro, tramitaremos os papeis para amadriñar ao chimpancé que máis “Me Gusta” recibira nestes días.

Un novo e belo vínculo está por establecerse na Escola: grazas por colaborar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *