Got an idea? Start your own business! – 6th Grade Science Project

IMG_6084

O proxecto no que estamos a traballar en 6º de primaria consiste en crear unha empresa atendendo a diferentes aspectos: o sector no que está encadrada, a súa interdependencia, o impacto medioambiental, as necesidades de cada localidade e os sectores dos que vive, a organización da empresa, as campañas publicitarias e o seu impacto no mercado, as estratexias de venda… Podería dicirse que estamos entendendo un pouco mellor que é iso de ser persoas emprendedoras que tan presene está nos medios de comunicación.

Non todas as empresas que estamos deseñando son iguais; hainas locais, multinacionais, familiares, tradicionais, dixitais… e tampouco son necesariamente (en palabras textuais dunha alumna) «unha máquina fara facer cartos», xa que tamén nos interesamos en coñecer o funcionamento de modelos alternativos, incluíndo a banca ética, as cooperativas de comercio xusto ou as organizacións sen ánimo de lucro.

Presentaremos as nosas empresas na Entrepreneur Fair Rosaliana, onde os nenos e nenas de 5º tamén xogarán un paquel importante, pero non queremos adiantar moito máis!

Por último, e para completar o ciclo, estamos barallando a posibilidade de facer real algunha das iniciativa económicas sobre as que estamos a traballar. Isto permitirianos obter beneficios (modestos, iso si) e poderiamos facer unha pequena achega a un santuario animal ao que xa lle temos botado o ollo.