Reflexión sobre o papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía – Iria Paz (6º R. M. Aller)

6574606_orig

Ao longo dos anos as mulleres foron asumindo un papel máis ou menos secundario, é dicir, hai moitos anos supostamente as mulleres debían coidar dos fillos, preparar as comidas, lavar a louza… mentres que os homes ían á escola e traballaban fóra. Naqueles tempos o mundo estaba afeito a que o home traballara e as mulleres quedaran na casa. Na área científica, os homes levaban o médrito dos experimentos e se algunha muller colaboraba ou era parte activa na investigación non a incluían entre as persoas que axudaran no proxecto.

Hai mulleres que conseguiron que todo o mundo as respectara e admirara polo seu traballo, por exemplo Marie Curie, que descubriu xunto co seu marido Pierre Curie a interpretación da radioactividade. Por isso o 11 de febreiro debemos ceelbrar este día, para lembrar ou dar a coñecer as mulleres que foron e serán recoñecidas polo seu labor.

Iria Paz

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *