Hoxe nas clases de Science de 5º E. Curie e 6º A. Cunqueiro conmemoramos o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, facendo labor de investigación, debate e reflexión, mais especialmente de concienciación.
Pode que a historia e os libros de texto invisibilicen o traballo das mulleres, pero nós sabemos que sempre existiron importantes científicas e que non foi nada doado para elas superar as barreiras impostas por unha sociedade abertamente discriminatoria e machista. É por iso que queremos recoñecer o seu traballo lembrando os seus nomes nas paredes da nosa Escola. Moitas delas son estranxeiras, pero tamén hai científicas galegas de moita sona.
Nos próximos días iremos publicando algunhas das conclusións ás que chegamos.
Bo traballo a todas e todos!