Muller e ciencia – Sergio Villamor (6º A. Cunqueiro)

2015122400362456357

Aida Fernández (1947-2015) bióloga

Unha ollada ao pasado para contextualizar:

Ao longo da nosa historia houbo un desiquilibro numérico entre as mulleres e os homes científicos debido principalmente a un problema cultural.

Houbo poucas mulleres científicas e pouco coñecidas, por exemplo María Skladowska, que interpretou a radioactividade foi coñecida polo nome do seu marido Curie, e non foi recoñecida co seu propio nome.

No século XX parece que hai un peueno avance aínda que os institutos de investigación e as universidades máis prestixiosas seguiron discriminando as mulleres.

Na actualidade a muller tropeza cuns obstáculos que teñen un efecto disuasivo na elección de profesións científicas.

Os estereotipos sociais e o sistema educativo inciden de forma negativa na confianza que as rapazas teñen en si mesmas. Pero o obstáculo máis coñecido é a dificultade de conciliar a vida profesional coa familiar.

Outro punto que as diferenza son as distintas disciplinas científicas que escollen. As mulleres optan maioritariamente por disciplinas teóricas baseadas na observación xa que permitía compatibilizar coa vida familiar.

A política científica e tecnolóxica debe considerar por igual aos homes e mulleres, xa que entre todos e todas conseguimos un traballo con máis diversidade, é dicir, mellor.

Reflexión:

Eu penso que non é xusto o que acontece. Todos debemos ter as mesmas oportunidades e ser recoñecidos e recoñecidas polo noso trabalo, é máis, creo que a muller debería ter máis axudas no momento no que ela decida ser nai, sendo quen de compaxinar o traballo coa familia sen perder oportunidades de ascendo no traballo, viaxes de formación…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *