Sobre o día internacional das mulleres e as nenas na ciencia – Míriam Lago (6º R.M. Aller)

aliciaestevez

Alicia Estévez (investigadora galega)

Eu creo que as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes e non pode ser que se lles pague menos simplemente por ser mulleres.

A min por ser nena non deberían tratarme de diferente maneira, estou segura de que se fora ao revés ao nenos non lles gustaría.

Penso que celebrar este día é moi bo para que as persoas se decaten de que as mulleres tamén fan descubrimentos importantes, igual que os homes.

Se conmemoramos este día todo os anos haberá menos machismo e se Helena publica no blog estas reflexións a xente vaino ver e vai pensar e aprender sobre as mulleres na ciencia. Ao mellor pasa algo incrible e todas as persoas acabaremos sendo iguais!

Eu espero que a xente reaccione sobre isto.