A Escola unha vez máis amosa grande implicación e solidariedade na loita contras as inxustizas.
Tras a charla que nos ofreceu Amanda (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/12/instituto-jane-goodall-charla-de-amanda-voluntaria-en-senegal/)moitas conciencias se reactivaron e case dobramos a cantidade de móbiles en desuso recollidos na caixa da entrada de escola:
MOITAS GRAZAS A TOD@S!
Recentemente enviamos unha nova partida de 90 móbiles aos nosos amigos de «Mobilízate Pola Selva», polo que en breve, en agradecemento pola reciclaxe do coltan, nos permitirán manter un vínculo máis persoal con outr@s 3 chimpancés do centro de recuperación de Tchimpounga (Congo).
A día de hoxe a Escola é madriña da pequena Anzac (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/20/anzac/). Mais dentro de pouco a nosa familia medrará. E esperamos que así continúe, pois será grande mostra do espírito loitador dos integrantes desta Escola.
E seica ben sabemos que as pequenas accións posúen moito valor e poden xerar grandes cambios. Entre tod@s podemos.