O 1º informe envíado dende a reserva de Tchimpounga (Congo) xa está colgado no «Rincón da Ciencia», na entrada da Escola.
Nel, @s amig@s do Instituto Jane Goodall, cóntannos como se atopa Anzac, a nosa peque amadriñada na reserva.
Tamén nos informan sobre a multitude de proxectos que están a desenvolver de xeito local.
A día de hoxe xa están tramitados outros 3 amadriñamentos, tras facer o envío doutros 90 móbiles que entre tod@s recollimos: parabéns! Polo que proximamente nos chegarán as cartas sobre o estado e evolución de Kauka, Kudia e Lemba. A familia do Rosalía de Castro non para de medrar: moitas grazas a tod@s por ser tan proactiv@s e estar tan concienciad@s.
Non deixedes de consultar a carta que nos enviaron! Na propia entrada da escola ou a través do seguinte enlace (pinchar na imaxe):