O señor Blackburn sentou na mesa de mármore máis próxima ás enormes rúas de Nova York. Era un cliente fiel e sempre pedía o mesmo. E aínda que sabía o que ía pedir, pregunteille con formalidade – Que desexa esta mañá, Sr. Blackburn?
Unha vez máis non me fallou. Mentres, o meu compañeiro Andrew estaba atendendo á señora Winch. Marie Winch, unha señora moi amable, era unha clienta habitual. Estaba casada cun vizconde considerado un dos homes máis ricos da cidade. Aínda non conseguimos comprender por que ven a esta humilde cafetaría, puidendo ir a outras de máis sona, supoño que será para gardar as apariencias.
Despois dun largo día entrei na cociña. O vapor de auga invadía o ar. Pareceume moi relaxante nalgunha ocasión, se o día fora bo mesmo podías imaxinar que estabas no spa. Deixei o uniforme no armario que está ao carón da vitrocerámica e marchei. Esa tarde Andrew pecharía a porta. Os meus pasos escoitábanse na rúa, pois non había ninguén. Custaba imaxinar que unhas simples bailarinas puideran facer tanto ruido, aínda que así era como funcionaba o mundo. Nelson Mandela fixo moito ruído e ao final foi escoitado. Dende aquel momento decidín que loitaría por facer ruído, moito ruído porque este mundo necesita cambios tanto na ciencia, como na educación, como…
En Arabia, o meu país natal, as rúas eran enormes e sempre estaban cheas de xente de cores. Nada igualaba a sensación que tiñas ao pecorrer as rúas coa certeza de que cada día podía pasar algo interesante. Na Praza Maior sempre estaba Casmir, un científico xubilado un pouco miserento pero que co tempo acabas por gañarte. Grazas a el comezou a miña paixón pola ciencia. Cada átomo do corpo chamábame a atención, cada cromosoma nas células era o meu desafío. Estiven estudando moitísimo, polo que me deron unha bolsa para vir estudar aquí. Hai catro anos meu pai estaba vendo a televisión cando saíron unhas modelos estadounidenses moi fermosas. Miroume fixamente. Sabía o que quería dicir coa súa ollada, dicía; Sarih, faite modelo, e cando recades os suficiente cartos segue estudando. Moita xente dicíame que era unha beleza árabe, pois era miúda, tiña os ollos azuis e o cabelo castaño. Pero xamais quixen ser modelo, o meu carácter dicíame que só eran unhas perchas atraídas polo mundo da fama.
Chegei a casa, busquei as chaves e cinco minutos máis tarde atopeinas. A luz estaba apagada. Prendina e puxen o pixama. Metinme nas sabas frías que esperaba atopar a miña disfunción cerebral.
Ao día seguinte o irritante son do espertador avisoume, percorrín o corredor sen amoblar e a cálida luz reconfortoume. A cocina albergaba un pequeno microondas no que o leite soportaba a abafante calor até rendirse. Despois de almorzar baixei as escaleiras e a tenue luz agachaba o meu rostro. O bus chegara pontual, iso quería dicir que era venres. Ao chegaren á unversidade o flamante título vermello puña ”Instituto Courant de Ciencias Matemáticas”. Abrín a porta e fun cara a sala máis próxima á dereita.
Sentei na sala e non apareceu o Sr. Sanders coma sempre, era un home de faccións sólidas e expresión acougada. Comezou coa súa presentación; o seu nome era James Mackansy. Os seus cabelos despeiteados deixaban ver os seus ollos mirando con severidade a aqueles dous sorrisos despistados.
-Basta! – berrou
Os meus músculos contraéronse.
-O magnetismo non só é teoría pero necesitamos sabela para a súa posta en práctica. Sostiña un libro na man e dixo que o escribira el.
– Hoxe de deberes tedes que buscar a relación da atracción do polo + e do polo -.
Decateime de que iso non o podía estudar, tiña que descubrilo por min mesma.
Cando saímos da clase, Andrew chamoume para dicirme que precisaban unha camareira para un meeting de xente importante, posto que a anterior escordara un pé.
– Como? En canto tempo… -respondín – deberían telo organizado xa hai dias.
– En media hora, se pode ser. Pagarían 400$ máis no salario – dixo Andrew case sen poder respirar.
Collín o bus e cheguei ao restaurante, puxen o mandil. Os señores xa estaban sentados e debatían unha cuestión de política. Cada un era máis diferente do outro, polo que puiden escoitar entre prato e prato.
De súpeto, decateime de que un dos homes era Rudolph Marcus, premiado co Nobel de Química pola súa teoría de reaccións de transferencia de electróns . Alí tamén se encontraban Christopher A.Sims e Peter Higgs, pero sen dúbida cada un de eles tiñan valores diferentes. Aínda que todos formaban o seu entorno eran polos distintos. Podería utilizalo para o proxecto de ciencia!
Un semana despois Mackansy dixo que o meu traballo era engaiolante. Todos aqueles laudeados fixéronme pensar que cada un somos o polo que queremos ser, somos distintos uns dos outros.
FIN
Paula Romero Jorge