Patrulla verde en acción: a compostaxe na escola

O curso remata pero as patrullas verdes seguen, incansables, co seu bo facer.

O pasado venres o equipo de 2º ESO, que traballa voluntariamente para promover a campaña de compostaxe, deu unha charla educativa en 6ºB Primaria. E hoxe, o outro equipo fixo a súa intervención en 6ºA.

Na charla repasaron conceptos de interese: compostaxe, vermicompostaxe, ciclo da materia, produtos que se poden e non se poden botar aos composteiros, etc. Pero, se cadra, o máis importante é a labor de concienciación que fan e a solidariedade que sementan coas súas charlas e o seu propio exemplo, pois estas actividades as realizan de xeito altruista.

Bravo unha vez máis polo bo e xeneroso facer!

4 comentarios en “Patrulla verde en acción: a compostaxe na escola

  1. Aldara dijo:

    Alegrome moitisimo que parte das clases se apuntara despois de dar as charlas, veo que conseguimos o noso propósito. Grazas a toda-las persoas que se presentaron voluntarias.

    • Iria Guntín dijo:

      Grazas a vós! O que facedes, simplemente porque vos apetece, é marabilloso, e de grande importancia.
      Enormemente orgullosa da vosa proactividade e calidade humana.
      Por moitos anos de colaboración e concienciación ambiental coas futuras xeracións!

  2. Laura Groba dijo:

    Creo que foi una charla moi interesante e alentadora para todos.
    Invítanos a colaborar na concieciación ambiental, que neste momento é moi importante.

Los comentarios están cerrados.