Saída xeolóxica – Bacharelato

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O pasado mes fixemos unha ruta de interpretación xeolóxica con Fran Canosa, un dos xeólogos da nosa terra con maior inquedanza por promover o coñecemento relacionado con esta ciencia.

Visitamos a Serra do Galiñeiro, recurso natural, cultural e xeolóxico da nosa contorna, de alto valor, inda que non sempre coñecido ou apreciado… Serra que, nos últimos tempos, viuse ameazada por un proxecto de minaría e outro de creación dun parque eólico.

Coñecer para comprender, valorar e conservar.

Da man de Fran puidemos facernos unha idea sobre como evolucionou, dende a fragmentación de Panxea, a zona continental que conformaría a nosa terra; valorar a escala xeolóxica; comprender como a oroxenia que formou os Alpes afectou á formación das nosas rías (relevo en teclas de piano), rexuvenecendo o noso relevo; visitar unha canteira de feldespato; deducir o proceso que dá lugar á familiar paisaxe de bolos; distinguir ortogneises e paragneises; recoñecer as pegmatitas, e comprender a relacionan que estas teñen co feito de que a nosa serra sexa tan rica en terras raras (moi cobizadas no mundo das tecnoloxías)… en definitiva, aprendimos sutilmente a ler nas rochas e paisaxes que nos rodean para comprender os procesos de creación que os xeraron.

 

Agora tócavos a vós! Compartide a vosa experiencia:

a) Aporta unha listaxe de aprendizaxes adquiridas a resaltar.

b) Indica, que te pareceu a saída? Valora do 1 ao 10 e argumenta a túa resposta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *