Proxecto Ríos: mostraxe de primavera

Neste pasado mes de Maio, as dúas clases de 1º ESO puidemos realizar unha bela saída ao río Eifonso, para colaborar un ano máis coa xente da asociación ecoloxista ADEGA ao través de «Proxecto Ríos» (programa de estudo e conservación dos ríos galegos).

En outono fixemos a mostraxe cos alumn@s de 2º ESO, mais esta nova quenda de primavera estaba destinada @s alumn@s de 1º ESO!

Nas beiras do Eifonso, ademais de gozar dun día de clase no propio medio natural, afastados das habituais paredes, @s nos@s alumn@s puideron desenvolver un completo traballo de campo para valorar o nivel de calidade das augas do río e da contorna. Coma as veces anteriores fixemos un interesante estudo baseado sobre todo en:

  • estudo de macroinvertebrados
  • observación de especies exóticas invasoras: TradescantiaAcacia melanoxylon, calas, etc.
  • análise físico-químico das augas do río
  • observación de impactos medioambientais (estradas, lixo, etc.)

Os macroinvertebrados, ao igual que os liques, anfibios ou determinadas especies de aves, son bos bioindicadores, polo que o seu estudo resulta de gran interese para interpretar a calidade de vida do noso medio.

@s alumn@s quedaron sorprendidos coa grande biodiversidade de pequenos e curiosos seres que fan a súa vida no leito e beiras do río. Un fervedoiro de vida agochada esperáballes: ninfas de odonato (futuras libélulas), de efémeras (futuras moscas de Maio), de tricópteros (moscas peludas) coas súas especiais “casas”,  larvas de dípteros (moscas), oligoquetos, hirudíneos (sambesugas), etc. Incluso tivemos o privilexio de observar unha gran cantidade de cágados e xuvenís de varios anfibios! Realmente incrible.

En canto aos parámetros físico-químicos, puidemos analizar, con diferentes reactivos, o pH da auga, a cantidade de O2 disolto (fundamental para o desenvolvemento da vida) e a cantidade de nitratos (indicadores de contaminación orgánica das augas). Tamén medimos a Tª e transparencia da auga.

En ambas saídas, a conclusión da mostraxe foi que as augas do Einfonso son de MOI BOA CALIDADE. Atopamos un importante número de especies sensibles á contaminación e esixentes en canto á cantidade de O2 disolto nas augas se refire para a súa supervivencia.

Despois do traballo científico de campo, e dun tempo de lecer no río, aproveitamos para percorrer parte da senda do río e facer algunhas paradas para identificar algunha especie vexetal coas claves dicotómicas, escoitar aves, visitar muíños ou interpretar algunha curiosidade do entorno natural.

Sen lugar a dúbidas foi, unha vez máis, unha experiencia inesquecible!

O próximo curso, os mesmos grupos poderán voltar ao Eifonso para realizar as mostraxes de outono… cambiarán moito os resultados? Os resultados do traballo de campo dirán…

Agora tócavos a vós compartir a vivenvia ao través dos comentarios:

a) Fai unha pequena listaxe coas 5 aprendizaxes máis salientables.

b) Que grupos de seres vivos recordas ter visto? (nomes das familias?) Cales foron os que máis te chamaron a atención e por que?

c) Valora a saída (do 1 ao 10). Argumenta a túa resposta.

24 comentarios en “Proxecto Ríos: mostraxe de primavera

  1. Míriam Lago dijo:

    a) Aprendín a: comprobar a calidade da auga.
    Identificar especies exóticas invasoras.
    Identificar macroinvertebrados, como perlas.
    Identificar distintos sons de paxaros.
    Ver como funciona un muíño de auga.

    b) Cágados
    Ninfa de libélula
    Cala
    Carballo
    Acacia
    Chamoume a atención a cala porque na casa non fai dano, pero no bosque é invasora.
    Tamén a muda de libélula porque nunca vin unha.

    c) Eu póñolle un 8 porque estivo moi ben visitar a fauna que nos rodea, e é unha forma máis divertida de aprender e máis práctica que velo nun libro.

  2. Cristina Martinez García dijo:

    A) o que aprendin foi que o río Eifonso ten un nivel de biodiversidade moi alto, que hai especies abraiantes que non coñecía que podemos atopar moi facilmente, que un lugar tan simple como un río pode ser un ecosistema moi biodiverso, que non hai que ir moi lonxe para observar as criaturas máis asombrosas e que hai que ter coidado con tirar lixo no campo.
    B) a verdade é que non lembro moi ben o nome de todas as familias que observamos xa que tiñan nones moi complicados. Os que máis me chamaron a atencion foron as «perlas» porque son unha especie moi difícil de atopar, cun nivel moi alto de sensibilidade á contaminación, polo que o seu ecosistema non pode ter contaminación e porque hai tempo que non se atopan nesta saída.
    C) a nota da saida e de 8 porque aínda que foi moi interesante houbo partes(cando estaban recollendo as mostras) que non sabías o que facer e estabas un pouco aburrido. Pero a saída non se me fixo pesada, todo o contrario, pareceume moi interesante e produtiva.

  3. Emma Pontevedra García dijo:

    ·Nesta saída houbo bastantes cousas moi interesantes pero eu quédome con cinco en especial: impresonoume moito a cantidade de especies que había no río, xa que, a simple vista non parece haber moitas. Outra das cousas foi que hai un lugar tan pouco contaminado preto de Vigo. Tamén me impresionou a facilidade coa que se pode ver a calidade da auga do río. E como non, dependendo das especies que hai podes ver o nivel de contaminación do entorno. Camiñando pola senda do río atopamos bastantes muíños antigos, o que me impresionou.
    ·Eu só recordo algúns grupos coma os coleópteros, tricópteros, hirudíneos,
    oligoquetos e cágados. Os que máis me chamaron a atención foron os cágados, xa que os atopamos en diferentes estados da fase larvaria.
    ·Eu daríalle un 9 porque foi unha saída moi didáctica e entretida.

  4. Lucía Ortiz Álvarez dijo:

    Encantoume a saída ao río Eifonso!
    Aprendín moito da natureza e descubrín cousas que non sabía. Como por exemplo: medimos o pH que tiña a auga do río, medimos tamén o osíxeno disolto e por último medimos os nitratos. Tamén aprendín os distintos tipos de cantos dos páxaros e os miles de animais que poden vivir nun río.

    Os seres vivos que máis me chamaron atención son os queliópteros, as larvas de libélula e os cágados. Entre estes o que máis me impresionou foi o grupo dos queliópteros, xa que nunca os vira persoalmete, pero si por fotos. Esta saída axudounos a aprender máis sobre o noso arredor , a fauna, a flora, os seres vivos… Todo iso que compón a nosa natureza e os nosos ecosistemas. Ademais as caídas ao río fixeron inda máis divertida a saída. Finalmente teño que dicir que foi a única saída que fixemos do curso pero eu paseino xenial

  5. Sofía Fernández Cabaleiro dijo:

    A) A primeira cousa que aprendín foron clases de árbores ou plantas autóctonas. A segunda foi saber como se medía o oxíseno, pH, o nivel de contaminación da auga… A terceira foi que descubrín moitos animais e a importancia que teñen, xa que se están algúns deles a conservación pode ser moi boa. A cuarta, a miña favorita foi aprender a identificar aos seres vivos, vendo as características principais e logo buscando na clave dicotómica a que grupo pertencía. E a última foi descubrir como traballaba un muíño de millo, saber que con dúas pedras movidadas pola forza da auga trituran o gran e de alí sae a fariña; gustoume moito.

    B) Algúns grupos son os tricópteros, dípteros, coleópteros ou plecópteros. O que máis me gustou foi o grupo dos plecópteros polas súas características, xa que son uns insectos moi primitivos e pouco comúns. Outra característica é que cando son larvas, son acuáticos, e cando son adultos, voadores. Teñen catro ás que cobren o abdome. As demais tamén me gustaron pero non me chamaron tanto a atención.

    C) A puntuación do un ao dez é de dez porque a parte de non ser aburrida, aprendín moitísimas cousas sobre a fauna e a flora, sobre todo da fauna. Descubrín especies que non tiña nin idea de que existían. E o de traballar coa Asociación Ecoloxista Galega encantoume xa que tiñamos moita responsbilidade, porque ter erro é cambiar completamente o valor sobre a conservación do río.

  6. Nerea Abalde Leal dijo:

    a) Aprendín que hai uns macroinvertebrados que viven detro de unha ´´casiña´´ que as fabricaban con distintos materiais como por exemplo area. Que as calas son unhas grandes plantas invasoras. Que as libelulas ´´bebes´´ viven na auga e que se as ten un río é moi boa sinal xa que significa que hai pouca contaminación. Que o pH da auga se mide cunha mostra desta e cunhas pastillas. Estas métense na auga e hai que axitala ata que se disolvan e despois ver a cor e iso determinará o seu pH.
    b) Vimos anfibios, tanto cágados coma xuvenís, ninfas de odonato, distintos tipos de tricópteros… e eu tiven a sorte de poder ver as perlas dos ríos que é boísimo que as haxa, e sen dúbida foi unha gozada e foron as miñas favoritas. Ademais foi o meu grupo o que a tiñan na súa cubeta e fixome moita ilusión.
    c) Doulle un 10 porque foi unha das dúas únicas saídas que tivemos e foi moi divertida e interesante. E gustoume pasar un día no campo cos meus compañeiros en vez de cos libros. E unha das cousas que máis me gustou foi poder ver anfibios nas distintas etapas e a algúns que inda tiñan cola pero xa desenvolveran as patas. Estou dexesando que chegue a saída do ano que vén.

  7. Juan Alfaro Heras dijo:

    a) Pareceume incrible o nivel de biodiversidade que ten o río e que levantando unha rocha, podes encontrar moitas especies distintas.Tamén aprendín como é onde hai que mirar para ver especies moi interesantes. Era unha paisaxe moi bonita na que poidemos xogar e tamén facer unha clase fóra de aula. Observamos como se medía o O2 na auga, o pH e moitas cousas máis. O último que fixemos foi entrar a un muíño onde se moía gran de millo.

    b)Vimos anfibios (cágados dalgunhas especies…), tricópteros… O que me pareceu incríble foi que houbese perlas (animais moi raros que necesitan unha nula ou mínima contaminación).

    c)A esta saída doulle un 7 porque me gustou bastante pero foi un pouco difícil saber a especie exacta cando se parecen tanto entre elas.

  8. María Campos González dijo:

    A) Nesta primeira saída aprendín que hai moita biodiversidade no río Eifonso e pouca contaminación, e por iso encontramos moitas especies distintas nun río tan pequeno. Aprendín que non se pode tirar lixo no río e na natureza para poder disfrutar de todo o que vimos. Escoitamos moitos cantos de paxaros diferentes que non coñecía e encantoume. Tamén chamoume a atención que o muíño estivera xusto ao lado da fervenza.

    B) Os grupos que vin son: tricópteros, anfibios,cágados en distintas formas xuvenís, coleópteros e larvas de libélulas. Os cágados chamáronme moito a atención porque nunca os vira e tamén porque atrapamos moitos máis cós doutros grupos .

    C) Eu daríalle un 10 porque foi divertido e me encanta a natureza e os animais e estar rodeado deles. Foi moi interesante. Eu o pasei xenial!!

  9. A- A primeira aprendizaxe que destacaría da saída é poder saber se a auga está ben osixenada, a segunda é analizar a cantidade de nitrato que debe ter un río, a terceira sería aprender a atopar animais como anfibios ou tricópteros, a cuarta é que hai que tratar a natureza con moito coidado e respecto e a quinta é última sería que nun río pouco contaminado a fauna e a vexetación son moi abundantes.

    B- Algunhas especies que atopamos foron tricópteros, larvas de libélula, oligoquetos, dípteros ou plecópteros. A que máis me gustou foi a larva de libélula, que se caracteríza por ser moi grande, ter unhas enormes patas e que se mimetiza totalmente co entorno.

    C- Esta saída ao río Eifonso valóroa cun 9.5. Nela aprendín a identificar especies, dimos un paseo polo monte e vimos dous muiños de auga; un o poidemos ver por dentro. A paisaxe era moi fermosa, sobre todo a cascada o lado do muíño.

  10. Beatriz Vasallo San Miguel dijo:

    a)Nesta saída destacaría: poder coñecer un ecosistema moi próximo á nosa escola e que eu descoñecía,aprender a como realizar a análise físico-químico das augas do río (cantidade de osíxeno…),poder descubrir e observar a gran variedade de seres vivos que atopamos nas augas do río e nas súas beiras, ter que adiviñar os seres vivos que estabamos observando mediante os «apuntamentos»que nos entregaron e o silencio que atopamos alí e que nos permitiu escoitar o canto dalgún paxaro e o ruído da auga pasando entre as rochas.
    b)Na saída puidemos observar diferentes seres vivos como por exemplo: cágados,ninfas de odonato,tricópteros…Os seres que máis me chamaron a atención foron os cágados xa que os puidemos ver en diferentes estados de metamorfose.
    c) NOTA : 9
    Nesta saída lembrei moitas cousas novas sobre o ecosistema do río Eifonso, pero o mellor de todo e que aprendín cousas novas con actividades que nos mantiñan sempre atentos. Penso que é moi importante coñecer os lugares rechamantes e únicos que nos rodean e nesta saída puiden coñecer un deles.

  11. Marta Careeira dijo:

    As actividades que máis me chamaron a atencion foron ,sobre todo,as de analizar os parámetros fisicos-quimicos que nos daba o rio, gustoume o de encher os tubiños para que,xunto a unha especie de pastilla nos dese as cores que se interpretaban nunha folla. Non acabaron de funcionar moi ben,porque segundo os seres vivos daba mellores condicions que no papel,pero gustoume descubrir unha cousa máis, polo que tres actividades que me gustaron foron as de analizar o ph,osixeno,e os nitratos. Gustoume moito analizar os cantos dos paxaros,a maioria destes os descoñecia,e chega un momento que non te fixas pero se prestas atencion escoitas moitas distintas especies,e foi divertido.Por ultimo, coa clave dicotomica poidemos aventurarnos nun mundo de infinitas arbores, e coñecer as suas caracteristicas,tamen resalto esta aprendizaxe.
    Atopamos moitos diferentes tipos de especies,gustaronme moito os pequenos cagados que pasarian a desenvolverse ata facerse adultos,gustaronme os da crisalida,porque tiñan casas feitas de diferentes materiais e eran moi belas,estos foron os tricopteros.Os dipteros tamen me impresionaron.
    Por ultimo creo que foi unha saida moi entretida na que poidemos saber mais sobre a nosa fauna e flora autoctona,disfrutar das brlas arbores e os sons dos paxaros que non daba a natureza,e saber que temos un boisimo lugar como para non coidalo,por isto e por todas as impresionantes practicas traballadas doulle un 10 e foi moi divertida.

  12. Anxo Somoza Bernardez dijo:

    1- Destaca para min : primeiro, a chegada ao río. Segundo, o camiño que percorrimos para chegar ata él. Terceiro, a recollida de animais acuáticos do río. Cuarto, a analise química e física do río e por último a parte de recollida de especies.
    2- Puideramos ver os cágados, ninfas, tricópteros… A que máis me gustou foi a do cágado por velo nos seus diferentes estados de metamorfose.
    3- Un 9, porque a saída foi moi interesante e divertida, e tamén aprendimos moitas cousas.

  13. Maruxa Lores Riveiro dijo:

    a)Nesta saída aprendín un montón de cousas; como saber facer un análise físico-químico das aguas dun río(medir a cantidade de osíxeno disolto, o PH ou o nivel de contaminación da auga), aprendín os nomes de especies autóctonas e a diferencialas das moitas especies exóticas ou invasoras que as ameazan. Tamén, se escoitabas con atención, podíase distinguir os cantos dalgúns dos paxaros que habitaban en torno ao río Eifonso. Ademais aprendín como funciona un muíño de auga e o que eran os macroinvertebrados, os cales puiden observar bastante ben, aínda que sabían esconderse moi ben.
    b)No río conseguimos ver máis biodiversidade da que me imaxinaba nun río tan pequeno, vimos: ninfas ou fase xuvenil das libélulas, cágados, coleópteros, tricópteros… Sen dúbida os tricópteros foron os meus favoritos, porque son difíciles de atopar xa que se agochan en mini casiñas feitas de diferentes materiais segundo á especie.
    c)A esta saída doulle un 9, porque aprendín un montón de cousas sobre especies( tanto animais como plantas), sobre os ríos e a importancia das substancias que conteñen para que a vida poda desenvolverse ao seu redor. Foi divertida e entretida, a parte que máis me gustou foi a de identificar as especies do río. Ademais, esta saída ensinoume que hai que coidar a natureza, axudar a conservar os ríos e que aínda que un río sexa pequeno iso non significa que non podia ter unha biodiversiade inmensa e moi rara.

  14. Ana Ortega Veiga dijo:

    a) Na saída aprendín un montón de cousas, como medir o pH da auga e a cantidade de nitratos e osíxeno que había no río. Outra cousa que aprendín foi a identificar os distintos sons dos páxaros, tamén, que o río Eifonso tiña unha gran biodiversidade, dende un monton de anfibios ata unha gran cantidade de tricópteros e moitos máis grupos. O último que aprendín e que máis me chamou a atención, foi que o río estaba moi pouco contaminado, a pesar de estar moi preto da cidade.
    b) Só me acordo de tres grupos: os cágados, os tricópteros e os oligoquetos. Chamáronme moito a atención os cágados, xa que nunca os vira e tamén por que os vimos en distintas fases larvarias. Outro grupo que me chamou a atención foron os tricópteros, xa que non os coñecía e era a primeira ves que os podía ver.
    c) Eu poríalle un 9, xa que aprendín un montón de cousas e porque a saída foi moi entretida e divertida.

  15. Sabela Abreu Dacosta dijo:

    Nesta saída aprendimos moito da natureza que non sabíamos, porque ainda que foramos a calcular a calidade do río tamén dimos un paseo cheo de aperndizaxes, coma os cantos dalgúns paxaros ou algunhas arbores e plantas da zona.
    Para medir a calidade do río empregamos unhas pastillas moi curiosas que depandendo da que se usara podias medir un compoñente diferente da auga, coma o osíxeno, o pH…etc.
    Outra cosa que destacaría é que había moitos cágados de anfibios, cosa que é moi boa.
    Pero sobre todo, o máis impresionante foi ver a enorme cantidade de especies diferentes que había no río.

    Grazas a esta saída puidemos coñecer moitas especies diferentes, coma as ninfas de odonato,os cágados, os tricópteros, os oligoquetos… Pero sen dúbida os que máis me gustaron foron os cágados posto que vimos varios e cada un deles nun estado(metamorfósico) diferente.

    Eu póñolle un 9 ,posto que houbo moitas aprendizaxes e moi curiosos, foi moi lúdica e ademais moi divertida.

  16. Paula González Sanlés. 1º E.S.O B dijo:

    A) 1. Aprendín a escoitar os cantos dos paxaros.
    2. Encontrei especies de árbores que non coñecía.
    3.Aprendín a coller seres vivos no río.
    4. Vin a cantidade de diferentes especies que pode haber nun río.
    5.Aprendín a calcular se a auga do río está contaminada ou non.

    B). Non recordo moi ben os nomes das especies porque había moitos, pero lembro que había algúns tricopteros e moitas larvas. Tamén había algún anfibio na fase larvaria. Chamáronme moito a atención uns animais que non lembro o seu nome pero eran como unhas vermes mariñas.

    C) 9,5. Aprendes moito e o fas dunha forma moi divertida non cun libro, se non que miras o que hai,investigas e sobre todo disfrutas. Pasei un rato moi agradable ao aire libre.

  17. Carla Ventura 1° ESO B dijo:

    Gustoume moitísimo a actividades do rio xa que aprendín una cheque de ciudad (¿?) como que hai alguns animais e insectos que fabrican as suas casas con area .Creo que o ano que ven será mellor xa que imos en outono.
    Tamen aprendimos a comprobar a calidades da auga.

  18. Paula Álvarez Álvarez dijo:

    A) A primeira cousa que aprendín foron clases de árbores e plantas autóctonas. A segunda foi saber como se medía o osíseno da auga , o pH do río, o nivel de contaminación da auga… A terceira sería aprender a identificar animais como anfibios, efémeras, larvas de dípteros… A cuarta identificar macroinvertebrados e a última ver o interior do muíño.

    B) As especies que atopamos no río Eifonso foron: ninfas de odonato, efémeras, tricópteros coas súas“casas”, larvas de dípteros, oligoquetos, hirudíneos, etc. As que máis me gustaron foron os anfibios, especificamente os cágados, pois encantoume un que da tiña as catro patas pero aún posuía as branquias e a cola.

    C) Nota : 9.
    Nela aprendín a identificar especies, saber que moitas plantas eran invasoras como a cala, dimos un paseo polo monte e polo río moi divertido e vimos muiños de auga; que poidemos ver por dentro. A paisaxe era moi fermosa, sobre todo a cascada o lado do muíño.
    É dicír, encantoume está saída!!!

  19. Juan Daniel Nieto Vidal dijo:

    a- Nesta saída aprendemos a analizar as augas do rio Eifonso e deu un moi bo resultado, as augas deste río sorprendéronme pola súa limpeza. Logo fomos facer unha pequena camiñata pola beira do rio, alí descubrimos a flora e a fauna do rio e algúns muíños hidráulicos, unha das cousas máis bonitas foron as fervenzas que se encontran nalgún tramo do rio xunto aos muiños. O máis salientable foi o apartado de analizar a auga e observar os macro invertebrados que se encontabran alí.
    b-Algúns dos seres vivos que atoparamos foron, cágados,tricopteros,oligoquetos por exemplo,eses seres vivos son pertenecientes a parte acuática , pero tamén vimos a flora desa zona como por exemplo.,o carballo , pinos , acacias , etc. En conclusión direi que o rio Eifonso está cheo de vida xa que eu pensara que teria moita mais contaminación e non se desenvolvería a vida tal e como o vimos.
    Os que mais me chamaron a atención quizás foron algunhas larvas ou cágados xa que entre os grupos que formamos os vimos en case todos os seus diferentes estados
    c-eu darialle un 9 sobre 10 a esta saída xa que foi interesante e puidemos coñecer cousas novas e a parte cerca do noso colexio.

  20. Iria Paz Álvarez dijo:

    a)Nesta saída aprendín como realizar a análise físico-quimica das augas do río, a distinguir as diversas especies que se atopaban nel,que o ph se mide cunha mostra desta e unhas pastillas, onde viven as especies do río e saber se as augas estaban en bo estado.
    b)Vimos cágados,tricopteros,perlas (animais que viven en lugares con moi pouca contaminación)e coleópteros.
    c)Nota:8
    A práctica foi interesante e aprendín cousas novas pero había veces, como cando identificabamos especies, que andabamos un pouco perdidos.

  21. Alba Muñiz Covelo dijo:

    a) A primeira cousa que vin nesta saída foi que o entorno no que estaba o río Eifonso estaba cheo de vexetación, polo que era moi verde.
    A segunda aprendizaxe foi que segundo o osíxeno da auga, a súa temperatura… podemos saber se o río está ou non nun bo estado.
    Outra cousa foi que vimos moitos seres vivos que nunca víramos e que son moi interesantes.
    Tamén aprendimos a identificar seres vivos sen axuda e por último vimos muíños antigos.
    b) Na saída observamos diferentes anfibios, cágados, larvas de libélulas… Os seres vivos que máis me chamaron a atención foron: unha perla moi pequeniña que tivemos a sorte de ver e os cágados porque son moi raros e os puidemos ver en diferentes etapas.
    c) Eu voulle dar un 9.5 porque foi moi interesante, aprendín moitas cousas novas, paseamos polo monte e estivemos a identificar especies, o que me pareceu moi interesante.

  22. Candela Domaica García dijo:

    a)Gustoume moito a saída ao río Eifonso e pareceume incríble todo o que aprendimos.Entre todas as cousas novas que aprendín,eu destacaría estas cinco: ver o pH da auga, medir o osíxeno disolto,os nitratos,moitos animais dos que nunca escoitara falar e clases de plantas autóctonas.

    b)Algúns grupos dos que vin son: anfibios (cágados), tricópteros, coleópteros, larvas de libélula, oligoquetos e dípteros. O que máis me chamou a atención foron os cágados e que houbese perlas.

    c)Eu doulle un 8,5 porque me gustou moito e foi moi divertida, entretida e educativa, aínda que foi un pouco complicado saber a especie de cada animal.
    Tamén gustoume porque o pasei moi ben cos meus compañeiros e amigos e porque foi a única saída que tivemos en todo o curso,espero poder facer máis saídas como esta e aprender moitas cousas descoñecidas.

  23. Inés Domínguez dijo:

    a) Eu destacaría desta saída, que aprendín como analizar o auga (ver a cantidade de osíxeno…). Tamén estivemos escoitando cantos de paxaros que non coñecía e aprendín a diferencialos.
    Unha das cousas que máis me gustou foi identificar especies cos meus compañeiros. Outra das cousas que me impresionou foi que o auga dun río que está tan preto da cidade, non estivera practicamente contamiñada. Paseino xenial cos meus amigos camiñando polo monte e identificando árbores. b) No río, vimos: tricópteros, larvas de libélula, cágados, coleópteros… A especie que máis me gustou foron os cágados xa que me pareceron moi bonitos. Aínda que a min non me gusten moito os animais, esta especie gustoume moito.
    c) Eu esperaba que a saída fóra máis divertida, aínda que non o pasei mal. Eu daríalle un 7´5, xa que a saída pareceume un pouco aburrida pero gustoume. Aínda que lle puxen unha nota bastante regular, houberon moitas cousas que me gustaron. Unha desas cousas é cando estivemos nun muíño de gran que estaba preto dunha fervenza. Gustoume moitísimo ver como a auga caía; foi fermoso.

  24. Ana Pallarés Rodríguez dijo:

    a)Nesta saída aprendín moitas cousas, a primeira foi a distinguir árbores e flores. Tamén me gustou moito aprender a coller os seres vivos da auga e clasificalos.
    b)Non me acordo moito dos nomes dos grupos que vimos pero si que me lembro dos cágados (os fillos das ras). Gustáronme moito xa que non ten nada que ver o que son de pequenos con como son de maiores xa que van evolucionando (metamorfose).
    c)nota:9. Nesta o pasei moi ben e aprendin moitas cousas que non sabia, e o mellor foi que coas actividades a xente sempre estaba atenta e a pasalo ben. Ademais o lugare era moi bonito e estaba moi ben coidado. Paseino moi ben e aprendin moito, pero non lle pongo o 10 a saida porque creo que lle falta algo, ainda que non sei o que.

Los comentarios están cerrados.