Saída á costa de A Guarda (1ºB)

En busca das pozas mariñas!

O pasado martes achegamos á Guarda para desfrutar da súa paisaxe e traballar na súa intermareal. Coa marea baixa puidemos acceder á zona rochosa onde se forman as interesantes pozas mariñas. Nelas puidemos observar unha morea de algas e invertebrados (equindermos, cnidarios, moluscos, etc) que estudaramos en clase. Foi un pracer poder estar en contacto directo con eles.
Tamén aprendimos cousas moi interesantes da nosa historia (salinas romanas) e a usar á razón para interpretar a paisaxe que nos rodeaba (seixal).
Nesta saída acompañounos Agustín, socio fundador de ANABAM, una asociación que traballa activamente, dende 1985, pola conservación e defensa dos espazos naturais do Baixo Miño. Grazas por aportarnos tanto!

21 comentarios en “Saída á costa de A Guarda (1ºB)

  1. Uxía María Pérez García dijo:

    Esta saída pedagóxica á costa de A Guarda gustoume moito por que, ademais de aprender novos conceptos e información sobre o pasado e as persoas que viviron nesta zona, fixemos actividades moi divertidas coas que puidemos ampliar os nosos coñecementos sobre os temas que estiveramos a estudar na clase.
    Unha das cousas que me pareceu moi sorprendente e interesante é a cantidade de vida que podemos atopar nunha poza mariña ; como mexillóns, ourizos, anémonas, etc., que puiden observar cando nos desviamos do paseo e nos metimos nunha especie de praia formada por grandes rochas, onde merendamos e curioseamos. Outra actividade que disfrutei moito foi a charla informativa que nos deu Agustín, un home moi intelixente , apaixonado pola natureza, que nos acompañou durante toda a saída. Nesta nos explicaba sobre as Salinas Romanas do Seixal, e sobre cómo e para que se empregaba a sal neses tempos. Por último, tamén me encantou cando por casualidade vin un anélido mariño nunha das pozas que estabamos a observar, sobre todo porque aínda que sabía que existían, nunca tivera a oportunidade de ver un cos meus propios ollos. Estou moi agradecida de ter podido facer esta saída, sen dúbida repetiría!

  2. Un tempo incríbel, moita ilusión por achar infinidade de moluscos, artrópodos e tamén equinodermos, que endexamais viramos antes, e a ledicia por compartir outra xornada con mestres e compañeiros foron os compoñentes perfectos para una saída xenial. Aínda que non dispuxemos de moito tempo, este foi moi ben aproveitado, de xeito que, tal e como agardabamos, tivemos a sorte de aprender moito acerca dos invertebrados, de certo, vimos moitos que non imaxinase vivían tan preto de nós. Así, por exemplo, puidemos ollar anémonas, corais, lamparóns, xoaniñas e mesmo algún, pólipo.
    Moitas aprendizaxes obtidas nesta mañá, entre as que desexo destacar: a gran riqueza natural da nosa contorna, que conta cunha impresionante biodiversidade, que moitas veces esquecemos, precisando ocasións como esta para lembrala. Que ditosos de poder vivir nun lugar así!
    Asimismo, quedei abraiada co son da natureza no que nunca reparara, mais, emporiso, que fermoso é!
    Así, quizais, o maior achado foi aprender a valorar todo o que, a propia natureza, nos pode ensinar.
    Por outra banda, chamoume moitísimo a atención coñecer a existencia das salinas do Seixal, onde os antigos romanos preparaban o sal. Non sabía nada delas e menos que, unha vez máis, tan preto de nós, estivese unha das mais importantes.
    Nesta saída tamén houbo intres para o lecer e para compartir, destacando a merenda nas rochas, onde gozamos todos xuntos, ao carón dunha marabillosa paisaxe.
    Agardo que antes do remate do curso teñamos ocasión de repetir a experiencia, xa que, estas saídas son o mellor xeito para lembrar os contidos da materia e que xamais os esquezamos.
    Noraboa e moitas grazas por preparar para nós, con agarimo, esta vivencia extraordinaria!

  3. Nicolás Álvarez dijo:

    La salida a la costa fue muy productiva aparte de entretenida y divertida para mi gusto, ya que aparte de hablar sobre los seres que estudiamos en clase, pudimos verlos en su hábitat, tocarlos y ver cómo reaccionan al medio que les rodea.
    También se habló del tema de las Salinas romanas y también de su origen. Un tema tan interesante como saber de qué modo vivían nuestros antepasados.
    Agustín fue nuestro guía por la zona. Era un hombre muy sabio que supo cautivarnos con todo lo que decía, siendo todo cosas ciertas y muchas curiosidades sobre el mar y las rocas junto con los seres que viven allí.

  4. Antón González Lois dijo:

    O pasado martes 4 de abril fomos á costa da Guarda. Nada máis chegar fomos a unhas rochas onde merendamos. E despois de merendar fomos a unhas pozas mariñas para ver moluscos e identificar se eran gasterópodos ou cefalópodos, aínda que tamén vimos algún equinodermo. Despois fomos camiñando ata unhas salinas onde Agustín, o guía, explicounos que eran, para que servían e como transportaban a auga ata alí.
    Se tivese que dicir tres cousas que aprendín, serían: para que serven as salinas, como levaban a auga do mar ás salinas e tamén identificar tipos de moluscos. A verdade é que me gustou moito e a nota que lle dou é un 9. Ante a cuestión de se o repetiría, diría que si, pero cambiaría algunhas cousas porque foi moi curta. Por exemplo, saír temprano da escola para darnos tempo a facer máis actividades.

  5. Adriana Rodríguez Pérez dijo:

    Gustoume moito a saída xa que aprendimos moitas cousas e pareceume moi interesante. Puidemos observar máis cerca diferentes tipos de algas, moluscos ect.
    A primeira aprendixace que me gustou moito foi cando fomos polas rochas e vimos a cantidades de diferentes seres vivos que había nas pozas mariñas, como os ourizos, etc.
    Tamén cando nos explicou as salinas romanas e sobre como se modificara o mar ao longo do tempo.
    Eu sen ningunha dúbida repetiría.

  6. Carla García Alonso dijo:

    A saída que fixemos á costa de A Guarda este martes, día 5 de abril, estivo xenial. O grupo puido aproveitar ao máximo esta escapada e aprender unha chea de cousas, e parte grazas a Agustín, o guía que nos acompañou nesta experiencia. Pareceume moi boa idea poder facer uns exercicios nun folleto que nos deron e así poñer en práctica os coñecementos aprendidos. Tamén os profesores axudáronnos para poder organizar e mellorar esta experiencia.
    A continuación deixo unhas cantas aprendizaxes desta saída:
    -Que elementos eran necesarios para formar as salinas.
    -Diferentes tipos de pozas
    -Identificar diversos seres vivos invertebrados nunha poza.
    Una vez máis, dou a noraboa ao profesorado pola boa organización e polo esforzo que fixeron. Valeu totalmente a pena visitar A Guarda.

  7. Victoria dijo:

    Eu e a miña clase fixemos a saída á Guarda. Guiounos Agustín, un home que leva tempo ensinando sobre a natureza.
    Saímos do colexio ás 10 da maña e fomos no bus. Chegamos á praia e Agustín explicounos como chocaban as rochas. Na parte de arriba da praia díxonos que era porque a praia estaba nunha costa e a marea facía isto.
    Despois disto fomos polas rochas e merendamos. Ao rematar fomos a unhas charcas. Alí vimos algas, ourizos, bivalvos…
    Máis tarde fomos camiñando ata unhas salinas que fixeran os romanos. Dise que alí traballaban coma escravos pero como recompensa tiñan sal.
    Logo volvimos a andar ata o bus.
    Todo iso, anotámolo nunha libreta que nos deu Agustín ao comezar a saída.
    Esta saída fíxome curta pero interesante, xa que aprendimos máis sobre os gasterópodos ,cefalópodos e bivalvos.

  8. petros dijo:

    A min non me gustou moito porque foi un pouco aburrida, pero Agustín era unha persoa moi sabia e con moitos coñecementos. Nada máis chegar á praia vin varios tons que era pola marea baixa coas algas, e todo iso, e tamén polas augas dos ríos. Tamén aprendín que a auga fai anos estaba máis abaixo e que agora está subindo. Tamén vin que tiñan terreos para a fabricación de sal nas rochas e nos explicou o do seixal. A min, sendo sinceiro, o que máis me gustou foi o bus cantando o samina de sakira, e as competicións que fixemos na ida e na volta para ver quen se poñíua detrás, e xa pouco máis sinceramente.

  9. Lucía Rodríguez Fernández dijo:

    Despois do traxecto no bus, paramos na Guarda. Ao baixar, fomos camiñando ata unhas rochas onde tomamos a merenda. Despois de merendar iniciamos a ruta e fomos camiñando polas rochas mentres o guía, Agustín, íanos explicando cousas como o do seixal ou o das salinas.
    A min non me gustou moito a saída porque sinto que non aprendín moito. Non sei se foi porque o guía non explicaba ben ou porque non entendín moito o que ía explicando. Unha cousa que si que aprendín foi o das salinas, que eu non coñecía nada diso, e pareceume bastante curioso que o mar hai 2000 anos estivera moito máis atrás do que está agora, inda que non entendo ben o porqué.
    Non repetiría a saída polos motivos que xa comentei antes.
    Outra cousa que me gustou foi a paisaxe xa que eu a atopei moi bonita. Tivérame gustado máis facer outro tipo de actividades porque penso que se o fixéramos eu quizais tería aprendido un pouco máis e me tería chamado máis a atención.

  10. Amaia Silvariño Casal dijo:

    No martes 5 abril fomos de excursión a A Guarda. Nada máis chegar vin a auga de distintas cores porque cando xunta a auga do río Miño coa auga do mar vense como dúas franxas de distintos tons e pareceume moi bonito.
    A min no me gustou moito a excursión porque non entendín moito do que o guía nos explicaba. Pero o demais estivo moi ben. Aprendín moito sobre as rochas e sobre como se facía antes o sal.
    Para a merenda paramos nunhas rochas xunto ao mar, e mentres estabamos merendando podías ulir o aroma a sal. Vimos unha cousa que me chamou moitísimo a atención, era un mini oasis onde habia todo tipo de especies como ourizos, mexillóns, anémonas…
    En conclusión, a saída estivo máis ou menos pero paseino moi ben e iso é moi importante, igual que aprendera algo e o fixen. A saída non creo que a repetise, pero igual a outros cursos lles gusta.

  11. Candela Martínez Salgado dijo:

    Na saída que fixemos o martes pasado paseino moi ben e pareceume moi divertida. Foi a primeira vez que ía pero teño moitas ganas de repetir! Agustín, o guía, explicou de maneira moi clara e sinxela. Algunhas das aprendizaxes que máis interesantes me pareceron foron:
    ~ Antigamente só se podía fabricar sal cando había calor, porque para a súa fabricacion é preciso auga mariña, vento e sol.
    ~ A diferencia entre o xisto e o granito é que o xisto forma láminas e o granito, unha mestura moi rugosa.
    ~ Nas pozas que se creaban nas rochas tamén había especies como: landra de mar, ourizo de mar…
    ~ A zona do Baixo Miño é unha zona intermareal porque, cando baixa a marea, nas rochas fórmanse pozas, e cando sube cubre as rochas.
    Gustoume moito porque foi interactiva e diferente.

  12. Maena Rousseau Bessot dijo:

    Hoxe vou falar da nosa saída á Guarda. Gustoume moito xa que foi unha saída un pouco diferente.
    Fomos co ecoloxista Agustín e as súas explicacións foron moi interesantes.
    Quero resaltar alguns aprendizaxes:
    Primeiro: foi moi curioso cando nos explicaron como se formaba unha praia.
    Segundo: cando fomos polas rochas e visitamos algunhas pozas e identificamos todos os seres vivos que había.
    Terceiro: cando nos explicaron porque tiña tanta importancia o sal, como por exemplo para conservar alimentos, etc.
    Cuarto: a cantidade de xoaniñas que había en cada planta.
    Esta saída foi xenial, repetiríaa moitas veces.

  13. Iria de Castro dijo:

    Esta saída estivo xenial! Puidemos descubrir moitas cousas; sobre as salinas romanas, tamén por que había rochas grandes na praia, e incluso observamos algunhas especies que había entre as rochas!
    É unha mágoa que o día me pasase voando, pero polo menos, os que vivimos en cidade temos a oportunidade de ter algún contacto coa natureza, coas costas galegas!
    Teño moitas ganas de que se fagan más saídas escolares coma esta, pois pasámolo moi ben, desfrutamos nun ambiente costeiro e aprendemos sobre varios animais invertebrados!
    Tamén fixemos un novo amigo moi amable, Agustín, quen nos acompañou e ensinou nesta marabillosa viaxe!
    Agradézolle á profe Iria que poida facer posibles estas “aventuras”, que con ela aprender sexa algo moi entretido. Ela fai que lle collamos agarimo ás ciencias.

  14. Jacobo Álvarez Fernández dijo:

    A saída gustoume moito. Aprendín moitas cousas que descoñecía: aprendín a poder diferenciar bivalvos, cefalópodos e gasterópodos a simple vista. Tamén aprendín a utilidade dunha salina.
    En xeral gustoume moito . Doulle un 8/10 porque aprendín cousas novas e paseino xenial, pero o que non me gustou foi ter tan pouco tempo, ter que camiñar tanto e aguantar a calor que facía ese día.
    Tamén destacaría a labor do noso guía, xa que foi moi amable e deunos moi boas explicacións.

  15. Martín Méndez Vázquez dijo:

    Esta saída gustoume moito, xa que puiden ver o que estivemos vendo todo este tempo na aula. Ademais diso, esta saída tivo moitas cosas en xeral que me gustaron moito. Coma por exemplo as pozas mariñas, nas que vin unha enorme cantidade de seres vivos coma as Caramuxas, que son gasterópodos, e o Corniño e o Lamparón que tamén son gasterópodos. Á parte aprendín que eran as mareas intermareais e infralitoriais.
    E ademais coñecín as salinas romanas, que estaban formadas por estanques e que se enchían de agua de mar. Estas salinas datan dende hai 2000 anos e parécennos bastante curiosas.
    Vimos dous tipos de rochas moi comúns na zona das pozas mariñas, que son o Xisto e o Granito, xa que a costa na que estabamos era rochosa.
    Polo xeral foi unha saída divertida e estou desexando poder ir a outra.

  16. Álvaro Fernández Romo dijo:

    Gustoume moito a saída á Guarda porque fixemos varias actividades, moi divertidas e interesantes. Por exemplo, ir visitar as pozas para observar seres vivos como os ourizos de mar.
    Algunhas das cousas que aprendemos foron que o mar na época romana estaba máis lonxe do que está agora polo cambio climático, e tamén que os romanos construíron salinas para sacar sal do mar. E finalmente aprendín que para que a area chegue á praia ten que haber unha rampla, e iso conséguese co paso do tempo a medida que se erosionan as rochas da costa.

  17. Laura Conde Tomé dijo:

    O martes 5 de abril fixemos unha saída á costa de A Guarda, onde aprendimos varias cousas.

    Cando chegamos ao lugar o primeiro que fixemos foi pasear por un camiño de rochas, onde tamén descansamos e merendamos durante un tempo libre. Nese lugar, observamos dous tipos de rochas distintas, e unha das diferencias que tiñan entre si: un tipo de pedra chamabase granito, e o outro xisto. O segundo está formado por láminas.
    Durante a saída, o guia tamén nos explicou como se facia antes o sal, e creo que foi o que más me interesou de todo.
    A verdade é que esta saída non foi a mellor de todas, pero realmente non foi tan mala.

  18. Emma Pujales Pachón dijo:

    Esta saída foi moi interesante xa que aprendín moito sobre estes espazos e foi moi boa experiencia ir cun profesional que nos ensine cada cousa interesante que atopasemos.
    O primeiro que fixemos ao chegar a A Garda foi reunirnos con Agustín, que foi o noso guía. Repartiunos uns cadernos con actividades que íamos ir cubrindo cada vez que nos explicase algo para ver se o entendéramos ben. Camiñamos polas rochas un rato, mentres que nos fixabamos nos seres vivos que había por alí; e logo puxémonos a merendar. Ao rematar, Agustín explicounos cousas sobre os tipos de rochas que atoparamos e acto seguido cubrimos as actividades sobre iso no caderniño. Subimos a un camiño e seguimos para ver uns monumentos dos Romanos e Agustín explicounos un montón de cousas sobre eles.
    Alí, tamén nos explicou cousas das paisaxes dos seixales, e tamén cubrimos caderno sobre eles. E xa, nos fomos camiño ao autobús.
    A esta saída doulle un 9, xa que foi moi divertida e interesante, pero gustariame ter tido un pouco máis de tempo para xogar. Pero, sen dúbida ningunha, repetiría sen problema.
    Aprendín moitas cousas, pero entre elas eu destacaría:
    – Que hai rochas que están formadas por láminas.
    – Que hai moitos tipos de algas que non vira na miña vida.

  19. Mar Castro Fernández dijo:

    Realmente a min me resultou moi interesante e divertida a saída; de feito, fíxome ata corta!
    Encantoume o paseo que dimos mentres íamos cara as salinas que se atopaban case ao final do percorrido. Nese tempo, puidemos falar cos nosos compañeiros e profesores.
    Tamén camiñamos entre as rochas cara unhas pozas onde puidemos observar un montón de seres vivos de diferentes clases e tamaños (algas, crustáceos ,equinodermos, etc). Unha especie de alga que me chamou moito a atención foi a Lithophyllum incrustans, que é unha alga calcárea que recubre amplas superficies das pozas mariñas no nivel intermedio do mar. Outra cousa que tamén me chamou a atención foi saber que unha roca moi común nas praias desa zona é seixo.
    Eu repetiría sen ningunha dúbida. A nota numérica da saída para min sería un 10.

  20. Paseino moi ben. Gustoume estar no zona intermareal. E o paseo ata as Salinas romanas con vistas ao mar tamén me encantou. Repetiría con gusto.
    As ideas novas que aprendín encantáronme: os nomes das algas, as salinas…
    Foi unha marabilla.

  21. Miguel Figueiró Rodríguez dijo:

    Gustoume a saída. Aprendemos algunhas cousas como de onde viñan algunhas construcións, ou a marea do mar antes e agora.
    Dende o meu punto de vista o mellor foi cando investigamos entre as rochas xa que era a primeira vez que vía un ourizo de mar. Ademais de ver diversas especies das que nunca me decatei.
    Gustoume a saída.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *