Rescatando proxectos:
Nos inicios de Anatomía, e a modo de paseo pola disciplina de Histoloxía, parámonos a investigar os distintos tipos de células que conforman o noso organismo.
Con elas confeccionamos un autorretrato, dende a liberdade, de enfoque máis artístico, rememorando tamén a importancia que tivo a Arte no desenvolvemento e evolución da Anatomía como disciplina científica; simbiose especialmente relevante no nacemento desta (s. XV-XVI: Leonardo da Vinci, Andrés Vesalio, etc.)
Sirva tamén, nos cruentos tempos que corren, para alzar a voz sobre a necesidade de comprender que todos estamos feitos da mesma materia, todos temos a mesma raíz… e can importante é que así o entendamos e respectemos. As diferenzas marcámolas nós.
Esta saída ao río Eifonso gustoume moito xa que aprendín moitas cousas que non sabía que existían como, por exemplo que haxa unha planta invasora e que se estean probando métodos para que non se expanda, que a calidade do río e do ambiente son excelentes.
Tamén me gustou polo feito de colaborar cunha asociación (ADEGA) para saber a calidade da auga , porque tivemos que anotar os invertebrados macroscópicos e saíron uns excelentes resultados.
Esta saída ao río Eifonso valóroa de un 9.75 sobre 10.