Saída ao Espazo Natural da Ramallosa (1ºA): 2ª parte!

VIVINDO!

20 comentarios en “Saída ao Espazo Natural da Ramallosa (1ºA): 2ª parte!

  1. Nerea González Otero dijo:

    Foi unha das saídas máis libres e por iso gustoume moito.
    Aprendemos sobre os químicos que conteñen os produtos do día a día e como afectan no nosa contorna e saúde. Máis dun levou sorpresas ao atopar compoñentes químicos algo daniños na súa crema solar.
    Tamén activamos os sentidos ao redor das dunas, vendando os ollos para activar os outros 4 sentidos.
    Tivemos, coma sempre ,tempo libre que cadaquén utilizou como quixo. Algúns bañáronse no mar, outros merendaron con máis tempo…
    Foi unha das mellores saídas ata agora e repetiríaa. Unha boa forma de despedir as saídas deste curso.

  2. Ainara Blanco Castelo dijo:

    O venres, os alumnos de 1º ESO A, fixemos a nosa derradeira saída, a segunda parte da outra saída que fixeramos á Ramallosa. Esta foi a miña favorita xa que, ademais das actividades tan interesantes que propuxeron as profesoras, tivemos moito tempo para desfrutar e facía un tempo agradable.
    Pareceume moi interesante a actividade de vendarnos os ollos por parellas e tamén me encantou investigar os diferentes animaliños que atopamos na praia. Mais o que de verdade me fixo ilusión foi darme un baño no mar cos meus amigos e amigas.
    Grazas ás actividades que realizamos descubrín que hai que ter certo coidado coa crema solar que utilizamos xa que algunhas conteñen compoñentes prexudiciais para a saúde! Por sorte, a miña crema era bastante boa.
    Creo que non cambiaría nada desta saída. O comportamento do grupo foi bastante bo e todos pasámolo xenial. Repetiríaa sen dubidalo 🙂

  3. petros dijo:

    Gustoume moito. Nada máis chegar fixemos un amigo novo, o cangrexo pedrito e era moi fermoso. Logo, Iria falounos dun animal moi raro, que non me lembro como se chamaba, e que olía fatal… cheiraba que mi madriña. Despois, fomos camiñando ata chegar unha zona sen algas porque no lado da praia que estabamos olía moitísimo, dábame asco sendo sinceros.
    Iria deunos unha ficha co que teñen algunhas cremas solares. Poden ter cousas malas para a pel, podendo xerar cancro. E ela para a súa nena compraba unha crema que usan os surfistas e que non fai mal.
    Despois bañámonos, comimos, etc., ou sexa tempo libre. E logo fixemos una actividade en parellas que consistía en confiar no compañeiro e cos pés saber por onde andabas porque tiñas que tapar os ollos. Logo, pois marchamos ao bus.

  4. Estela Fernández Comesaña dijo:

    Gustoume moito a saída. Aprendemos moito sobre as nosas praias e a súa fauna.
    Foi un longo camiño ata chegar á praia pero mereceu a pena xa que era fermosa e nos esperaba unha gran mañá.
    Ao chegar estabamos nunha punta da praia observando todo tipo de cangrexos (había algúns moi extravagantes) e unha especie de moco que resultou ser a posta de ovos de anélidos, probablemente da Arenicola marina!
    Estivemos dando un paseo por alí, onde había moitas algas, e cerca dunhas árbores e unhas dunas, merendamos e deixáronnos bañarnos.
    Logo fomos a unhas dunas, especificamente nunha zona protexida da actividade humana, para ver algunhas das especies que alí viven.
    En definitiva, gustoume moito esta saída e a volvería a facer, doulle un 10/10.

  5. Violeta Dominguez Garayzabal dijo:

    A saída á Ramollasoa foi moi chula e paseino moi ben.

    Había moitos cangrexos na praia e dábame un pouco de medo, jeje, inda que había algúns moi monos porque eran moi pequenos. Cando nos bañamos paseino moi ben inda que a auga estaba un puco fría de máis pero aguantabase ben.

    Despois de bañarnos fómonos a cambiar e compramos un xeado. Logo, estivemos xogando a un xogo no que nos tiñamos que tapar os ollos e confiar na túa parella.

    Despois diso volvimos ao bus e fomos ao colexio .

  6. Ao meu gusto foi a saída máis aburrida que fixemos en todo o curso xa que só fomos á praia, ao contrario doutras saídas nas que fomos a sitios interesantes e con boas paisaxes, nos que realizamos actividades variadas e interesantes.
    O máis interesante que fixemos foi a actividade final de vendarnos os ollos e que o noso compañeiro nos guiase.
    O chan era asqueroso, non cara a bo tempo e un bo tramo da praia olía de maneira horrible. Considero que había mellores praias ás que ir onde poderiamos realizar o mesmo traballo de mellor maneira.
    Non me gustou nada e póñolle un 2/10 e o 2 é só porque non fomos a clase porque se non lle poría un 0.
    Non a repetiria nin lle recomendaría a ninguén que fose alí a bañarse xa que a auga estaba asquerosa e chea de algas.
    Baseándome no que fixemos considero esta saída como unha de recheo e sen relación coas outras.

    • iriaguntin dijo:

      Pedro, está ben que manifestes que non foi do teu agrado! Iso está perfecto. Pero si me vexo na obriga de facer un comentario porque aportas información que pode xerar confusión.
      A praia cheiraba a alga… o cal é unha fortuna! Como falamos, é síntoma de riqueza e biodiversidade. Tes todo o dereito a que non te guste… pero non debes dicir que por ter algas estea contaminada (todo o contrario).
      É unha praia marabillosa para traballar dende a Escola, pois temos de todo nela… area, mar, duna, piñeiral, marisma… non pode ter máis recursos! Bon, si… até un espazo «salvaxe», puramente natural, como vos comentei, libre da presión da intervención humana (con máquinas para «limpar») que vos permitiu ver cal é o fluír da Natureza, nun ecosistema dunar, cando se lle permite evolucionar. É realmente unha marabilla de lugar!
      E obviamente, non foi de recheo. Tivestes un pouco máis de tempo libre (un pouco) para que vos puidesedes dar un baño de fin de curso, que ben procedía! E sabes ben, que sempre que imos á Natureza aproveitamos para vivila dende dentro e empaparnos dela e cargarnos da preciada vitamina N… así que nada excepcional nese sentido. E coma sempre, as profesoras deseñaron actividades que puideran ser do voso interese e para a vosa aprendizaxe (ex: análise e interpretación da paisaxe para deducir fontes de contaminación, estudo da fauna presente, análise dos protectores solares a usar no verán e explicación dos compoñentes daniños para a saúde e o medio natural, análise das plantas de duna e das súas adaptacións ao medio, actividade sensorial para espertar os adormecidos sentidos…).
      En resumo, foi unha gran experiencia, coma sempre!
      Respecto moito que non te gustase, Pedro, pero non por iso debemos dar información sesgada ou errónea.
      Unha aperta e boas vacacións!

  7. PEDRO GALLEGO dijo:

    A saída á Ramallosa gustoume moito porque aprendín cousas novas sobre a contorna da súa praia como: que as súas praias teñen moi boa calidade polo feito de ter moitas algas; que o concello da Ramallosa puxo unha parte da praia onde non pode haber contacto de máquinas humanas; que había plantas moi especiais porque sobrevivían coa pouca auga doce, sendo en xeral un ambiente moi duro…
    Tamén, relacionado coa crema, é que moitas teñen algunhas substancias tóxicas.
    Eu valorei o traballo que supuxo cambiar moitas actividades a última hora e, coma sempre, pola razón de dar clases noutros ambientes como este. Por iso , eu poño un 9,5 sobre 10.

  8. Bos días Iria, a segunda parte da saída á Ramallosa foi a saída do ano que máis me gustou, en canto a contido, diversión, aprendizaxes, ect.
    O que máis me gustou foi o xogo que fixemos cando nos tivemos que tapar os ollos coas vendas.
    En resumo, paseino moi ben e gustoume moitísimo.

  9. Guillermo Suárez García dijo:

    Gustoume moito esta saída á Ramallosa, porque tivemos máis tempo para desfrutar. Puidemos xogar co balón e pasalo ben. Era un espazo moi bonitiño e con pouca xente, sen dúbida volvería.
    Gustoume poder xogar e bañarnos, facer a actividade dos ollos vendados e aquel buraco no que tanto escavamos para ver a aquel curioso verme.
    Unha cousa que non me gustou foi ir por onde había tantos cangrexos, sobre todo polo medo de poder pisar un ou que se me subise polo pé e porque íamos descalzos.
    Unha cousa que si me gustou (máis ben que non me molestaba) era pisar as algas, inda que un poco de medo si que dá porque non sabes o que hai debaixo. As que máis grima me daban eran as algas secas.
    Foi unha das mellores saídas de todo o curso, con diferenza, e por iso é que lle poño un 9/10. Espero volver outro día ou o ano que vén.

  10. Carolina del Río Costas dijo:

    Gustoume moito a saída xa que foi moi divertida.
    Comezamos indo a un lado da praia e fomos avanzando pola beira do mar, analizando cousas. E ao chegar máis ou menos á metade da praia fixemos un círculo e repartíronos unha ficha. Con ela vimos que levavan os nosos protectores solares.
    Acto seguido merendamos e nos bañamos no mar. Foi moi entretido ¡Podíase estar nas boias de pé!
    Secámonos e fomos ás dunas mentres tomabamos un xeado. Fixemos unha actividade na que lle tapabas os ollos á tua parella cunha cinta e a levavas a andar pola area.
    Tras facer unha actividade coas plantas das dunas, fomos de volta ao bus.

    Gustoume moito a saída. Foi moi entretida e a mellor parte foi sen dúbida cando nos bañamos no mar. Eu creo que a repetiría, encantoume.

  11. Pareceume unha moi boa saída xa que foi moi divertida e tamén tivemos tempo libre.
    Gustoume moito a actividade de Carolina, que era a cegas e se baseaba na confianza do teu compañeiro. O único que non me gustou foi o olor que tiñan as algas e a súa abundancia.
    En xeral doulle un 8/10 só polo que xa dixen anteriormente.
    Foi a última saída do curso e estiven moi satisfeito coas saídas realizadas neste ano con esta marabillosa profesora.

  12. Mateo Páramo Comesaña dijo:

    Na nosa segunda saída pedagóxica a Ramallosa, tivemos máis tempo para o lecer, pero sen excluír as importantes explicacións da nosa profesora Iria.

    Ao comezo da saída, o bus deixounos nunha parte da praia da Ladeira, onde encontramos moitos cangrexos e falamos dun extraordinario «moco» de anélido.

    Despois disto, avanzamos pola praia e chegamos a unha zona sen tantas algas onde Iria falounos sobre algúns contaminantes na crema do Sol. Máis adiante merendamos e algunhas bañáronse e outros xogamos ao fútbol.

    Falamos das plantas de duna e tamén fixemos unha actividade cos ollos vendados ao final de saída, antes de volver ao bus.

    Gustoume moito esta saída porque o pasei moi ben e desfrutei moito da natureza e do ambiente.

  13. mara e malena dijo:

    Esta saída gustounos moito pola gran variedade de actividades: buscamos unha Arenicola, fixemos carreiras polas algas, xogamos cos mini cangrexos e fixemos unha actividade na que nos tapamonos un órgano dos sentidos para amplificar os demais.
    O mais divertido foi bañarnos na auga todos xuntos. Tamén investigamos os problemas que poden xerar os protectores solares.
    Foi unhas das saídas na que tivemos máis libertade, pero non a soubemos aproveitar de todo xa que tardabamos moito en organizarnos.
    Gustounos moito ir coa profesora de plástica, Carolina, quen propuxo unha actividade moi divertida.
    Pasámolo mellor ca primeira vez.
    M ARA E MALENA
    NOTA.: 8.2

  14. Érika Pallares Da Concepción dijo:

    O anterior venres 17 de xuño fixemos a saída ao Espazo Natural da Ramallosa.
    Nesta saída fixemos diferentes actividades divertidas e moi curiosas. Gustome dado que, á parte das actividades que fixemos sobre ese espazo natural, tamén puidemos aproveitar o tempo que fixo para darnos un mergullo e tomar xeados.
    Non só foi isto o que me gustou senón que tamén me gustou cando nos explicaron diferentes cousas sobre ese lugar (por exemplo: sobres as arenicolas, que as plantas que habitan alí son grandes supervivintes, etc).
    Destacaría desta saída as seguintes aprendizaxes:
    1º: Gustaríame destacar a actividade sobre as arenicolas, onde me explicaron que son uns seres vivos que se alimentan dos residuos que hai na area; entón comen a area e ao refugala, está máis limpa. Case conseguimos coller unha pero son moi rápidas.
    2º: Tamén destacaría a actividade que fixemos con Carolina, a dos sentidos, esa gustoume bastante porque foi moi divertida.
    3º: Finalmente, me gustaria falar sobre a actividade da crema solar onde aprendemos os diferentes problemas que poden causar algúns químicos. Tamén nos ensinaron unha que apenas tiña químicos e era boa para nós e o medio ambiente.

  15. Alexandra Álvarez Villayandre dijo:

    A saída da Ramallosa foi espectacular xa que gozamos do ambiente natural que hai na praia da Ladeira. Cando chegamos ,despois de moito tempo no autobús (eran aproximadamente as dez e media) baixamos á praia e tras un tempo observando e experimentando a praia intentamos descubrir que eran todos aqueles montonciños de terra aos que xa todos estabamos acostumados a ver. Faino un anélido chamado «Arenicola marina» que é detritívoro e que limpa a area.

    Despois de pasear pola praia nunha parte que ulía mal explicáronnos a importancia que ten a crema solar que comprabamos xa que algunhas poden conter substancias sospeitosas de producir cancro, entre outras cousas.
    Bañámonos e cambiámonos nuns baños que hai na prais e que se agradecen moito xa que é moito máis doado cambiarnos.
    Fixéronnos unhas adivñanzas e despois xogamos a andar pola praia coa túa parella cos ollos pechados, xa que se tes un sentido sen poder utilizalo reálzanse os demais.

  16. irene e aroa dijo:

    Irene Pampillón e Aroa Sanjorge :
    SAIDA RAMALLOSA (2ª parte)

    ~ Esta saída á Ramallosa foi unha gran fonte de aprendizaxe, tanto para as alumnas e alumnos como para as profesoras; en especial Carolina, que se sorprendeu moito por cousas novas que descoñecía.
    Gustounos moito, en especial a actividade por parellas que consistía en taparse os ollos para agudizar os outros sentidos.
    Sentinme moi conectada coa natureza e valorei moito os esforzos das profesoras Iria e Carolina.
    O que máis me gustou desta impresionante saída foi a liberdade que tivemos en todo momento, pero un dos meus momentos favoritos foi o baño e desfrutar das augas tan marabillosas de Ramallosa.
    Unha das nosas actividades preferidas, á parte da dos sentidos, foi poder saber o daño que poden infrinxir as cremas solares. Sen dúbida estaremos máis atentas as cremas solares que compramos, e moitas gracias pola aportación de Iria para poder saber que hai boas cremas solares que non danan a nosa saúde.

    Grazas outra vez a Iria e Carolina por esta fantástica saída e tamén por este tan marabilloso ano e tantas aprendizaxes novas!

  17. NICO O PUCHI dijo:

    Esta saída foi moi divertida xa que fixemos moitas actividades interactivas e puidémonos bañar na praia. Eu creo que todas as saídas deberían de ser así. Aprendemos moitas cousas que non sabíamos como que as arenícolas eran uns vermes que vivían debaixo da area e facían enormes galerías.

    Tamén deixáronnos mercar xeados e iso molou moito porque estaban moi bos e aprendín moitas cousas novas.
    Para min foi unha das mellores saídas, por non dicir a mellor.

    Felicito a Iria por esta saída.

    FIN

  18. O anterior venres 17 nós, os alumnos de 1ºA ESO, fixemos outra saída á Ramallosa. Esta saída gustoume un pouco máis porque fixemos actividades máis divertidas e algúns se puideron bañar na praia.
    Fixemos bastantes actividades, por exemplo: primeiro fomos investigando toda a praia para ver os diferentes tipos de seres vivos que habitaban nel. Como os cangrexos, as algas e as arenícolas. Despois tivemos que coller a nosa crema solar e ver se non contaminaba moito as augas dos mares e ás persoas. E por último, tivemos que atarnos un pano negro á cabeza para non ver e así que o noso compañeiro nos guiase para non tropezar. «Se te quitan un sentido se melloran os outros » iso é o que dixeron as profesoras.
    A miña actividade favorita foi a última. Foi a máis graciosa e divertida, xa que moitos compañeiros se caían e algúns te levaban as algas ou ao mar para que esvararas.
    Foi a última saída e unhas das mellores.

  19. A saída á Ramallosa non me gustou moito, de feito foi a que menos me gustou de todo o curso xa que non me gustou ter que ir descalzo pola praia xa que estaba chea de algas e non me gustou ter que comer na praia en nunha toalla.
    O que aprendín foi que hai plantas que poden sobrevivir na area inda que haxa pouca auga doce. Tamén aprendín que a crema solar pode ter substancias tóxicas e daniñas para o corpo.
    En total doulle un 5,5/10.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *