Charla científica en Pontevedra: “20.000 leguas de viaxe submarino”

plancton

Para tod@s @s interesad@s, este venres 8 abril haberá en Pontevedra unha interesante charla de divulgación que irmanda Ciencia e Literatura. Neste caso os Océanos e Julio Verne. Será ás 18h, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil (Pazo da Cultura).

Os que vaiades non deixedes de comentar que tal foi a experiencia!

Toda a información no enlace:

20.000 leguas de viaje submarino

 

Viaxamos ao Espazo: misión CHEOPS

Xa hai resolución:  as ilustracións de 3 d@s nos@s alumn@s viaxarán ao espazo no satélite CHEOPS en busca de exoplanetas!

Deixamos enlace á nova anterior:

https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/11/06/participamos-na-mision-cheops/

Parabéns aos afortunad@s!: Pablo Somoza (3ºESO A), Sofía Santiago (3ºESO A) e Marta Comesaña (2ºESO B)

b_Pablo Somoza 3º

b_Sofi Santiago 3º_CHEOPS

b_Marta Comesaña 2º_cheops

Unha grande mostra de solidariedade

A Escola unha vez máis amosa grande implicación e solidariedade na loita contras as inxustizas.

Tras a charla que nos ofreceu Amanda (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/12/instituto-jane-goodall-charla-de-amanda-voluntaria-en-senegal/)moitas conciencias se reactivaron e case dobramos a cantidade de móbiles en desuso  recollidos na caixa da entrada de escola:

MOITAS GRAZAS A TOD@S!

A

Recentemente enviamos unha nova partida de 90 móbiles aos nosos amigos de “Mobilízate Pola Selva”, polo que en breve, en agradecemento pola reciclaxe do coltan, nos permitirán manter un vínculo máis persoal con outr@s 3 chimpancés do centro de recuperación de Tchimpounga (Congo).

A día de hoxe a Escola é madriña da pequena Anzac (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/20/anzac/). Mais dentro de pouco a nosa familia medrará. E esperamos que así continúe, pois será grande mostra do espírito loitador dos integrantes desta Escola.

E seica ben sabemos que as pequenas accións posúen moito valor  e poden xerar grandes cambios. Entre tod@s podemos.

 B

ANZAC

MOBILÍZATE POLA SELVA

Chegou o día! Como recompensa á solidariedade e bon facer, fomos agasallados coa posibilidade de ser, gratuitamente durante un ano, ChimpAmig@s de Anzac, unha chimpancé rescatada que como ben sabedes  vive no Centro de Rehabilitación do Instituto Jane Goodall no Congo.

Tras a visita de Amanda, reactivouse intensamente a recollida de móbiles: houbo alumn@s que fixeron incluso, por iniciativa propia, recollidas na súa veciñanza  ou lugar de traballo dos pais/nais… parabéns por coller as rendas da situación!

Hoxe mesmo comprobamos que xa hai máis de 60 móbiles na caixa da entrada: en breve, comezaremos cos trámites para amadriñar a outr@s  2  amig@s chimpas de Tchimpounga.

Recordade que é importante que os móbiles xa non sirvan. Sempre é mellor optar 1º por reutilizalos (ex: agasallalos a alguén que o precise), e xa logo cando deixen de funcionar reciclalos.

“Un gran abrazo, en nome dos chimpancés e de todos os beneficiarios dos proxectos en África.
Equipo do Instituto Jane Goodall “

www.janegoodall.es
www.movilizateporlaselva.org

Velaí vai o noso certificado:

Anzac_amadriñ1

Anzac_amadriñ2

Instituto Jane Goodall: charla de Amanda, voluntaria en Senegal.

 

IMG_3065

Hoxe tivemos o pracer de compartir o día con Amanda, voluntaria do Instituto Jane Goodall (IJG) en Senegal, onde desenvolve o seu traballo de campo para a protección e conservación dos poucos chimpancés que quedan no país.

Ademais de falarnos da súa experiencia directa no ámbito da primatoloxía, explicounos unha morea de detalles vinculados ao IJG e a unha das súas campañas, Mobilízate Pola Selva, na cal a Escola participa dende o curso pasado coa recollida de móbiles en desuso co obxectivo de recuperar o coltan que conteñen.

Relacionado con esta campaña, Amanda ilustrounos e explicounos con detalle as problemáticas sociais (conflitos bélicos, explotación infantil, etc) e ambientais (destrución do hábitat de chimpancés, gorilas e outras especies) ligadas á explotación deste cobizado mineral, especialmente na R.D do Congo; concienciándonos da necesidade da reciclaxe e reutilización do coltan presente nas nosas tecnoloxías. Mais tamén nos falou da importancia doutros proxectos que o IJG desenvolve en varios países.

FullSizeRender_2

FullSizeRender_4

Os cartos que a organización obtén ao través da reciclaxe dos móbiles, amadriñamentos, soci@s, etc empréganse tanto para manter os centros de rehabilitación para os chimpancés coma para financiar outros proxectos, por exemplo educativos, nos países nos que están.

Agradecemos enormemente o tempo que, voluntaria e altruistamente, Amanda nos adicou. A súa paixón e adicación levouna a vir hoxe expresamente dende A Coruña, durante os seus días de vacacións (nunha semana regresa a Senegal), para compartir o seu coñecemento e experiencia connosco, atendendo ás dúbidas e curiosidades d@s nos@s cativ@s, dende 5º Primaria até 3º ESO incluídos.

Recollemos o sementado: seguiremos concienciando e participando destas accións colectivas e solidarias que fan do mundo un lugar mellor, e sobre todo máis xusto.

Moita sorte na túa travesía e até a próxima!

IMG_3056

 

A Escola amadriña un chimpamig@!: “Mobilízate pola Selva”

chimpamigoChegou o día!: o Instituto Jane Goodall ofrécenos a oportunidade de amadriñar a un dos chimpancés de Tchimpounga, a reserva-santuario  congoleña que crearon e que están a financiar cos cartos que recaudan ao través dos seus proxectos.

Como recordaredes, o curso pasado colaboramos con eles ao través da campaña “Mobilízate pola Selva”, cuxo obxectivo é evitar que cheguen ao lixo os móbiles estropeados para poder recuperar o coltan que conteñen… E seica cun xesto tan sinxelo, como é reciclar os nosos móbiles, contribuímos a salvar vidas e aportamos esperanza, pois axudamos a financiar proxectos de diversa índole en países tan sometidos como a R.D. do Congo.

Os alumn@s realizaron múltiples traballos e excelentes campañas de concienciación para explicar a problemática social e ecolóxica ligada á extracción deste cobizado mineral.

Grazas á implicación dos nos@s alumn@s e a colaboración de tod@s (nen@s, familiares e profes), o curso pasado conseguimos recuperar  máis de 30 móbiles estropeados, motivo polo cal a día de hoxe podemos amadriñar a un destes pequenos amigos.Tchimp

Estes días temos que decidir a que chimpamig@ amadriñar, e ao longo dun ano recibiremos noticias dende o Congo sobre a súa evolución (“Cartas dende Tchimpounga”), así como doutras novidades deste Centro de Rehabilitación de Chimpancés.

E como non podía ser doutro xeito, queremos contar coa vosa colaboración, así que vos deixamos nas seguintes entradas enlaces  relacionados con cada un dos chimpancés que esperan ser amadriñados (Aznac, Kauka, Kudia e Lemba) para que coñezades a súa historia persoal de superación e recuperación.

Para elexir, deberedes entrar no post do chimpancé en cuestión (pinchando no título) e darlle ao “Me Gusta/Like” que aparece ao final do texto. Á volta da ponte, o mércores 9 de Decembro, tramitaremos os papeis para amadriñar ao chimpancé que máis “Me Gusta” recibira nestes días.

Un novo e belo vínculo está por establecerse na Escola: grazas por colaborar.