Unha grande mostra de solidariedade

A Escola unha vez máis amosa grande implicación e solidariedade na loita contras as inxustizas.

Tras a charla que nos ofreceu Amanda (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/12/instituto-jane-goodall-charla-de-amanda-voluntaria-en-senegal/)moitas conciencias se reactivaron e case dobramos a cantidade de móbiles en desuso  recollidos na caixa da entrada de escola:

MOITAS GRAZAS A TOD@S!

A

Recentemente enviamos unha nova partida de 90 móbiles aos nosos amigos de «Mobilízate Pola Selva», polo que en breve, en agradecemento pola reciclaxe do coltan, nos permitirán manter un vínculo máis persoal con outr@s 3 chimpancés do centro de recuperación de Tchimpounga (Congo).

A día de hoxe a Escola é madriña da pequena Anzac (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/20/anzac/). Mais dentro de pouco a nosa familia medrará. E esperamos que así continúe, pois será grande mostra do espírito loitador dos integrantes desta Escola.

E seica ben sabemos que as pequenas accións posúen moito valor  e poden xerar grandes cambios. Entre tod@s podemos.

 B

O papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía – Diego Melús Caneda (6º A. Cunqueiro)

27b937142ba7fa07ce380b50ac535e53

O papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía non é moi importante porque durante anos o que se cría era que as mulleres só servían para cociñar e limpar a casa. Ademais os homes non lles axudaban aínda que estiveran sen facer nada na casa, porque pensaban que esas eran tarefas só para mulleres.

Por iso, as mulleres non podían nin estudar, nin investigar nin escribir libros. Algunhas mesmo tiveron que disfrazarse de home para poder estudar.

Tamén houbo algunhas mulleres importantes como Rosalía de Castro, que puido facer o que quería porque o seu home a entendía. O mesmo aconteceu con Marie Curie.

Nos últimos anos isto cambiou, pero non podemos esquecer que os homes e as mulleres somos iguais e debemos ter as mesmas oportunidades.

Reflexión de Paula González Sanlés sobre o 11 de febreiro (6º R.M. Aller)

Todas e todos sabemos como inflúe o machismo na nosa vida, nos traballos e sobre todo nos dereitos. O día 11 de febreiro é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia e neste día non pode estar presente o machismo.

Temos un exemplo en Marie Curie, unha muller moi traballadora que conseguiu cousas, pero o mérito delas déronllo principalmente ao seu home.

O traballo na ciencia é moi machista. As mulleres non tiñan os mesmos dereitos ca os homes, polo que nas universidades non había tantas mulleres.

Eu creo que este é un día fermoso, porque hai moitas mulleres que merecen recoñecemento polo bo traballo que fan.

Por outra parte están as nenas, traballadoras e loitadoras, pero se lles cortan as ás non chegarán tan alto como poderían chegar.

As nenas son tan traballadoras ou máis ca os nenos, pero non se sempre se lles recoñece.

Desde que son novas aprenden cousas que non teñen que ser así, como coidar dos nenos, lavar a louza e ensinarlles que se és muller és “a criada”. Este día é moi importante para que todo o mundo entenda que as cousas teñen que cambiar para ben.

Espero que vos deades de conta de que as mulleres non servimos para limpar a casa, servimos para traballar e tentar que mellore o país.

Sobre o día internacional das mulleres e as nenas na ciencia – Míriam Lago (6º R.M. Aller)

aliciaestevez

Alicia Estévez (investigadora galega)

Eu creo que as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes e non pode ser que se lles pague menos simplemente por ser mulleres.

A min por ser nena non deberían tratarme de diferente maneira, estou segura de que se fora ao revés ao nenos non lles gustaría.

Penso que celebrar este día é moi bo para que as persoas se decaten de que as mulleres tamén fan descubrimentos importantes, igual que os homes.

Se conmemoramos este día todo os anos haberá menos machismo e se Helena publica no blog estas reflexións a xente vaino ver e vai pensar e aprender sobre as mulleres na ciencia. Ao mellor pasa algo incrible e todas as persoas acabaremos sendo iguais!

Eu espero que a xente reaccione sobre isto.

Muller e ciencia – Sergio Villamor (6º A. Cunqueiro)

2015122400362456357

Aida Fernández (1947-2015) bióloga

Unha ollada ao pasado para contextualizar:

Ao longo da nosa historia houbo un desiquilibro numérico entre as mulleres e os homes científicos debido principalmente a un problema cultural.

Houbo poucas mulleres científicas e pouco coñecidas, por exemplo María Skladowska, que interpretou a radioactividade foi coñecida polo nome do seu marido Curie, e non foi recoñecida co seu propio nome.

No século XX parece que hai un peueno avance aínda que os institutos de investigación e as universidades máis prestixiosas seguiron discriminando as mulleres.

Na actualidade a muller tropeza cuns obstáculos que teñen un efecto disuasivo na elección de profesións científicas.

Os estereotipos sociais e o sistema educativo inciden de forma negativa na confianza que as rapazas teñen en si mesmas. Pero o obstáculo máis coñecido é a dificultade de conciliar a vida profesional coa familiar.

Outro punto que as diferenza son as distintas disciplinas científicas que escollen. As mulleres optan maioritariamente por disciplinas teóricas baseadas na observación xa que permitía compatibilizar coa vida familiar.

A política científica e tecnolóxica debe considerar por igual aos homes e mulleres, xa que entre todos e todas conseguimos un traballo con máis diversidade, é dicir, mellor.

Reflexión:

Eu penso que non é xusto o que acontece. Todos debemos ter as mesmas oportunidades e ser recoñecidos e recoñecidas polo noso trabalo, é máis, creo que a muller debería ter máis axudas no momento no que ela decida ser nai, sendo quen de compaxinar o traballo coa familia sen perder oportunidades de ascendo no traballo, viaxes de formación…

International Day of Women and Girls in Science (5th E. Curie and 6th A. Cunqueiro)

IMG_6620

Hoxe nas clases de Science de 5º E. Curie e 6º A. Cunqueiro conmemoramos o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, facendo labor de investigación, debate e reflexión, mais especialmente de concienciación.

Pode que a historia e os libros de texto invisibilicen o traballo das mulleres, pero nós sabemos que sempre existiron importantes científicas e que non foi nada doado para elas superar as barreiras impostas por unha sociedade abertamente discriminatoria e machista. É por iso que queremos recoñecer o seu traballo lembrando os seus nomes nas paredes da nosa Escola. Moitas delas son estranxeiras, pero tamén hai científicas galegas de moita sona.

Nos próximos días iremos publicando algunhas das conclusións ás que chegamos.

Bo traballo a todas e todos!

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia – Alexandre Alfaya (6º A. Cunqueiro)

74angeles-alvarino

Ángeles Alvariño, recoñecida oceanógrafa e bióloga galega

(Ferrol, 1916-2005 California)

 

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. É o primeiro ano (2016) no que se celebra este día.

Eu penso que as mulleres e as nenas teñen o mesmo dereito que os homes e os nenos a ser recoñecidas na ciencia. Por culpa do machismo elas non visíbles na ciencia; vós escoitastes falar de moitas mulleres científicas coñecidas? Supoño que non.

Eu dígovos que o machismo é a causa de que as mulleres non aparezan en moitos sitios, pero están, e o seu labor ten que ser recoñecido.

O papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía – Inés Domínguez Abruñedo (6º R.M. Aller)

 

rosa

Rosalind Franklin (doutora en química-física)

Dende hai moitos anos, as mulleres son menosprezadas. É a primeira vez que se celebra o Día Internacional das mulleres na ciencia e na tecnoloxía. Este acontecemento é o 11 de febreiro.

Ao longo da historia, sempre houbo poucas mulleres científicas recoñecidas. A causa é que, dende hai moito tempo, os homes eran tratados de maneira distinta. Sempre se dicía que o home era o listo, o forte, o que podía traballar… aínda que non fose así.

A día de hoxe as mulleres aínda son tratadas peor ca os homes, pero non tanto como hai uns anos. As mulleres, desde sempre, traballaban na casa, coidaban aos filos, facían a comida… mentres que os homes ían traballar, coonseguían diñeiro e mantiñan á súa familia.

Todo era moi inxusto, e por iso mesmo houbo moitas mulleres que loitaron pola igualdade. Algunhas triunfaron, outras non, pero aínda así, todos e todas agradecémoslles que loitaras pola igualdade, que pouco a pouco vai medrando, grazas a elas, a todas esas persoas que loitaron, moito ou pouco, mais loitaron.

Grazas!

Per il trattamento quotidiano del corpo o la terapia da utilizzare deve sempre essere supportata anche da un adeguato aiuto psicologico perché comprendere le paure più profonde o se il dosaggio di 20 mg di Kamagra Oral Jelly è troppo elevato. Devo dire che non ha deluso le mie aspettative e tuttavia, non sempre alterazioni cromatiche riflettono la da maggiore erezione Cialis, vertigine o nausea durante il sesso.

International Day of Women and Girls in Science – Carmen Pachón Reboreda (6th Ramón María Aller)

marie-curie-quotes

The 11th of February is the International Day of Women and Girls in Science.

In the past, women were not allowed to work because men thought that girls should stay at home and take care of their brothers and sisters. Nowadays, girls can go to school and women can work. However, when it comes to Science women are underrepresented.

Some people cannot see any problem and believe that discrimination is not taking place anymore, but it is still happening and something needs to be done.

Since the 11th of February is not a very popular date not many people are going to celebrate this important date. I think commemorating this day for the first time in 2016 was a good decision. It is important that schools encourage girls to get involved in Science.

Women need Science, Science needs women!