Getting our garden ready for autumn

IMG_3004

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Na sesión de hoxe analisamos o estado do solo, das hortalizas e dos restos vexetais. Xa coñecemos as necesidades e temos claras as prioridades, agora precisamos organizar o traballo por equipos para ofrecer solucións. Como primeira medida xa adiantamos que comezaremos unha campaña informativa sobre a importancia de respectar as instalacións (ter en conta a zona de cultivos no  tempo de lecer, dar bo uso ao composteiro…)

Ademais, este curso será o propio alumnado de 6º de primaria quen escolla o que máis lles gustaría traballar na horta escolar ecolóxica, tendo que implicarse no deseño dos seus propios proxectos. Asesoramento non lles vai faltar!

Natural Science

6th R. M. Aller

Green gardening – What does ORGANIC mean?

Since the 40s, more and more chemicals have been used in gardening: chemical fertilizers, pesticides, herbicides…

Organic growers do not use these chemicals and work with nature to produce their crops. They vary the crops they grow on the same land in order to control the pests and diseases. Changing the crops each year (rotation) keeps a balance of nutrients in the soil. And they feed the soil with organic compost, of course!

A well-balanced organic environment encourages nature’s own pest controllers too, like ladybirds, which eat aphids (insect pests). There is no need for chemical pesticides!

Remember… Nature is very clever but it also needs your help.

So, welcome to the wonderful world of green gardening!

image_2

Some of our healthy organic vegetables from last season.

 fACT 1FACT 2

5 Maria Montessori: sieving compost

O prometido é débeda! Hoxe peneiramos o composto e obtivemos un fertilizante de boísima calidade para as hortalizas e as flores da nosa horta.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Xa comezan a sair os primeiros tomates e chícharos. As petunias e a lavanda seguen medrando:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

As Patrullas Verdes unen 5º de primaria e 2º da ESO por unha boa causa

image_5

As patrullas verdes, integradas por nenas e nenos de 6º de primaria e 2º da ESO, son unha iniciativa voluntaria que naceu para encher un espazo que consideramos moi necesario na nosa escola. Precisamos fomentar a creatividade do noso alumnado, a súa inquedanza, as ganas de aprender, de traballar en equipo e tamén de poder transmitir que unha boa parte das problematicas ás que nos enfrontamos cada día son responsabilidade colectiva e por tanto a súa transformación depende de todas e todos nós.

Os grupos de 5º de primaria tivemos a sorte de presenciar unha excelente exposición a cargo da patrulla verde encargada de concienciar sobre a problemática dos plásticos. (2º da ESO)

Con esta interesante charla demos por concluído o traballo de medio ambiente de Natural Science do curso 2014/2015, pero tamén serviu para tratar un tema moi importante na última sesión da materia de Valores Sociais.

A patrulla verde de 2º da ESO fixo a súa parte e sen dúbida deixou o listón moi alto. Agora ficamos á espera das non menos boas aportacións de 5º de primaria sobre a experiencia; o que máis vos impresionou, o que vos pareceu mais curioso, o que considerades mais importante… Comentade!

Parabéns de novo polo bo traballo, o entusiasmo e o compromiso que amosades sempre coa educación ambiental. O próximo curso máis e mellor.

Longa vida ás patrullas verdes!

Galería E. Curie:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Galería Maria Montessori:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

5º E. Curie: Presentación dos proxectos sobre o World Environment Day

As nenas e nenos de 5º E. Curie tamén quixeron presentar os seus proxectos de concienciación medioambiental en 1º de primaria, deixando claro que aínda que o día da súa conmemoración foi o 5 de xuño é importante que o teñamos presente todos e cada un dos días.

En vista da boa acollida que están tendo os proxectos entre o alumnado, tamén os presentaremos nas clases de 2º de primaria.

Parabéns a todas e todos!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Reportaxe: reciclamos o aceite da Escola e facemos XABÓN!

IMG_9986

Na festa da Escola, xa moitos puidéstedes escoitar, da boca d@s propi@s alumn@s de 2º ESO, como temos que facer para elaborar un bo xabón de xeito artesanal.

Ademais de reciclar o aceite usado da Escola, residuo de difícil tratamento e negativa repercusión no medio natural, apredimos algunhas cuestións básicas sobre química (como acontece a reacción de saponificación, importancia do pH, etc).

O proceso foi laborioso pero pagou a pena! Realizamos a actividade  en 4 quendas, entre os meses de Abril e Maio, e un mes despois xa temos o xabón curado (reacción de saponificación finalizada). Só nos queda medir o pH, mais de seguro obtemos un bo resultado: mirade que bo aspecto ten o xabón e que ben o fixeron os nosos rapaces.

Mural do proxecto de educación ambiental Raizame para a festa de Voz Natura

Un grupo de nenas e nenos de Natural Science de 5º de primaria deron os últimos detalles a un mural sobre o proxecto Raizame que a nosa escola presentará na festa de Voz Natura.

No mural podemos ver unha escolma de traballos e imaxes sobre o traballo na horta escolar, pero cómpre tamén lembrar o resto de actividades encadradas en Raizame que realizaron nenos e nenas de todas as epatas.

Parabéns polo voso excelente traballo ao longo do curso! 

image_2