A Escola amadriña un chimpamig@!: «Mobilízate pola Selva»

chimpamigoChegou o día!: o Instituto Jane Goodall ofrécenos a oportunidade de amadriñar a un dos chimpancés de Tchimpounga, a reserva-santuario  congoleña que crearon e que están a financiar cos cartos que recaudan ao través dos seus proxectos.

Como recordaredes, o curso pasado colaboramos con eles ao través da campaña «Mobilízate pola Selva», cuxo obxectivo é evitar que cheguen ao lixo os móbiles estropeados para poder recuperar o coltan que conteñen… E seica cun xesto tan sinxelo, como é reciclar os nosos móbiles, contribuímos a salvar vidas e aportamos esperanza, pois axudamos a financiar proxectos de diversa índole en países tan sometidos como a R.D. do Congo.

Os alumn@s realizaron múltiples traballos e excelentes campañas de concienciación para explicar a problemática social e ecolóxica ligada á extracción deste cobizado mineral.

Grazas á implicación dos nos@s alumn@s e a colaboración de tod@s (nen@s, familiares e profes), o curso pasado conseguimos recuperar  máis de 30 móbiles estropeados, motivo polo cal a día de hoxe podemos amadriñar a un destes pequenos amigos.Tchimp

Estes días temos que decidir a que chimpamig@ amadriñar, e ao longo dun ano recibiremos noticias dende o Congo sobre a súa evolución (“Cartas dende Tchimpounga”), así como doutras novidades deste Centro de Rehabilitación de Chimpancés.

E como non podía ser doutro xeito, queremos contar coa vosa colaboración, así que vos deixamos nas seguintes entradas enlaces  relacionados con cada un dos chimpancés que esperan ser amadriñados (Aznac, Kauka, Kudia e Lemba) para que coñezades a súa historia persoal de superación e recuperación.

Para elexir, deberedes entrar no post do chimpancé en cuestión (pinchando no título) e darlle ao «Me Gusta/Like» que aparece ao final do texto. Á volta da ponte, o mércores 9 de Decembro, tramitaremos os papeis para amadriñar ao chimpancé que máis «Me Gusta» recibira nestes días.

Un novo e belo vínculo está por establecerse na Escola: grazas por colaborar.

Blog-reportaxe sobre a compostaxe escolar, por Nacho Cagiao

 IMG_2389«Non hai descanso para o ecoloxismo»

Xa volve empezar un novo curso na nosa escola e á vez comezan os exames, as tardes cheas de deberes e os madrugóns. Pero tamén volve comezar a nosa labor de axudar á Natureza, porque este proxecto, co que xa levamos uns anos, vólvese a poñer en pé  e vai pisando forte.

Os alumnos da ESO xa están a colaborar, axudando na súa tarefa principal no proxecto ecolóxico escolar de COMPOSTAXE. E cal é a nosa labor? Moi fácil: como xa saberedes a escola ten una pequena horta ecolóxica, o que quere dicir que non se utilizan fertilizantes artificiais ou químicos, que poidan prexudicar os alimentos ou ao seu entorno. Por iso, para que as nosas plantas medren sas e con forza, necesitamos utilizar algún fertilizante natural, como o é o abono… E aquí é onde interveñen os alumnos da escola, pois para obtelo temos que seguir un pequeno proceso no que todos participamos.

O abono conseguímolo dos restos orgánicos das merendas de media mañá dos nenos e nenas de Educación Infantil, que son recollidos polos alumnos da ESO tres veces á semana e levados aos composteiros: dous cubos onde se descompoñen os restos xa comentados anteriormente.

Pero non son iguais ambos composteiros… Primeiro temos o que directamente chamamos ”composteiro”, sen máis, que é onde a materia orgánica pasa a ser abono co paso do tempo. E despois está o “vermicomposteiro” onde os restos da merenda son descompostos e transformados en fertilizante coa axuda de vermes, de aí o seu nome. Estes non só fan máis rápido o proceso, senón que coas súas feces se consegue un abono mellor e máis rico en nutrientes para a horta.

Persoalmente, como alumno da ESO que son, teño que afirmar que esta non é a tarefa máis bonita ou divertida que poida realizar, pero o que si podo dicir é que paga a pena o pequeno esforzo que todos facemos polo gran produto final que obtemos.

Grazas ao compost que xeramos na Escola as verduras e hortalizas medran con forza. Ademais, este alimento logo é ofrecido a comedores sociais da cidade para axudar un pouquiño ás persoas máis desfavorecidas… e iso supera calquera cousa!

IMG_2391

Environmental problems in Galicia, Spain and Europe: Humans cause fires – (6th R. Mª Aller)

photo

Un dos equipos de traballo de 6º de primaria acabou a súa parte do proxecto sobre educación ambiental. A próxima semana presentarán o traballo na clase, onde ademais de demostrar todo o que aprenderon terán que transmitirllo aos compañeiros e compañeiras. Hoxe  improvisaron un pequeno video de adianto para todas e todos vós.

Aquí tedes o video!

https://www.youtube.com/watch?v=aXyCYP9tuq0&feature=youtu.be