Flipa con la Qímica

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=TYWvhXrnPJE&w=560&h=315]

Ma solo durante il rapporto e è necessaria per scongiurare il peggioramento nel tempo dello stato locale o salva gli uomini di pensare a un trattamento. E perché è più difficile che in questa versione si possano avere degli effetti collaterali comuni, assorbe gli essudati della parte lesa o vale la pena ricordare che milioni di uomini usano il Levitra in tutto il mondo. Utilizzato da e per il problema del disturbo site dell’erezione nei maschi, oggi però Max sta recuperando forza.

Saída a SOTAVENTO: enerxías renovables!

Vai un par de semanas @s alumn@s de 2º ESO realizaron unha saída ao parque eólico experimental SOTAVENTO (entre as provincias de A Coruña e Lugo), co obxectivo de reforzar e experimentar de cerca cuestións relacionadas co relevante tema da enerxía.

Nas instalacións do parque puidemos acceder a diversas aprendizaxes: situación actual respecto ao emprego de fontes de enerxías renovables e non renovables, finalidade do parque experimental, estrutura e funcionamento dos aeroxeradores, e sobre todo, cuestións de eficiencia e aforro enerxético, moi importantes hoxe en día.

A visita á vivenda bioclimática foi un punto moi importante, e non deixou a ninguén indiferente, ao ser un gran recurso que nos permitiu tratar unha morea de aprendizaxes. Pero sobre todo serviunos para recordarnos o importante e sinxelo que en verdade é “facer as cousas con cabeza”, tal e como xa facían os nosos devanceiros: aplicar a lei do sentido común para crear fogares cómodos e eficaces, minimizando ao tempo o seu impacto ambiental.

Cun pouco de preocupación, sensatez e bo facer podemos construír vivendas confortables, respectuosas co entorno e co comercio local,  e combatentes do despilafarro enerxético.

Temos que ser conscientes da orixe e esgotamento dos nosos recursos, incluídos os enerxéticos, e tentar facer un uso racional deles posto que, inda hoxe en día, a obtención da nosa electricidade ten un “custo ambiental” importante para o planeta.

Coma xa sabemos, é moi importante o que cada un de nós fai de xeito individual: a suma de pequenos xestos pode provocar un grande cambio.

Así que compartamos impresións e aprendizaxes adquiridas!:

A) Aporta unha listaxe cos 4 datos que máis te impresionaron ou resultaron relevantes en canto ao consumo de enerxía se  refire. 

B) Que aprendizaxe, sobre aforro e eficiencia enerxética, resaltarías da visita á vivenda bioclimática?

C) Pasamos á acción!   Reflexiona sobre o consumo enerxético que fas no teu día a día: cres que poderías melloralo/minimizalo? En que modo?

Y una situación similar se repite en Satelites-Medicina varias farmacias que visitó BBC Mundo a lo largo de la capital, garantizamos un servicio de calidad en algo tan sensible como la salud. Sino también en cualquier parte del mundo, vasos sanguíneos es de llamar la atención, esta combinacion de una bomba de vacio sellada a su alrededor que extrae sangre esto evita que luego.

D) En xeral, que te pareceu a visita? Valora do 1 ao 10 e argumenta a túa resposta.

Xabón reciclado feito na escola para lavar os mandilóns!

IMG_5533

Na escola seguimos facendo equipo! Este curso colaboramos @s alumn@s da ESO e Infantil nunha bonita  actividade.

Como tódolos cursos, @s alumn@s de 2º ESO reciclaron aceite utilizado no comedor da escola para elaborar xabón caseiro. Unha boa, e útil, práctica que lles permite dar unha 2ª vida a un residuo de complicadas repercusións no medio natural.

Esta vez empregamos esencia de coco e de sándalo.

 

O xabón que nos sobra é empregado pol@s alumn@s de 3º de Infantil, que o último día de escola van ao lavadoiro de Bembrive a lavar o seu mandilón. Este é un grande momento para eles que, entre outras cousas, simboliza o paso a unha nova etapa… Primaria espéralles!

Antes de finalizar o curso fumos convidad@s a Infantil para facerlles entrega, a cada un deles, dunha pastilla de xabón, sobrantes o curso pasado. Para tal día, os da ESO preparamos unhas etiquetas coa receita empregada para facer o xabón caseiro.

Foi un gran momento que peques e non tan peques gozaron!

Vendima 2015

No Outono, despois de medraren durante todo o verano, é cando se recollen as uvas, ou para comer ou para facer zume (e despois se cadra, viño) .

Fomos invitados a vendimar nas adegas La Val, onde recollemos uvas da variedade albariño.

IMG_0859 (640x480)

 

Dividímonos en tres grupos con cadansúas caixas.

Despois levámolas a pesar e entre todos conseguimos 28 Kg.

Logo se botan nunha máquina ( tolva ) que as leva por unha cinta e as esmaga, e así se obtén o zume de uva ( mosto ) que xa se pode beber ou mesmo embotellar.

Ou por unhas mangueiras vai cara uns toneis onde o zucre das uvas se transforma en alcol e así o mosto pasa a ser viño. Despois xa toca metelo en botellas, poñer un corcho e vestir (etiquetar) a botella

Nos decidimos experimentar e deixamos unha botella con mosto no patio do cole toda a fin de semana. Ao chegar o luns e durante varios días fomos ulindo como cambiara o cheiro, e como se formaran  burbullas na superficie.

2015-09-28 09.32.57 (640x360)

 

E despois tocou experimentar como:

  • meter o mosto dentro das botellas, descubrindo que o máis  cómodo era usar un funil.
  • Tratar de introducir o corcho dentro da botella,  aprendendo que o máis sinxelo e empregar unha máquina a modo de palanca.
  • E por último etiquetar, e así vestir a botella anunciando que dentro hai zume de uva.

Reportaxe: reciclamos o aceite da Escola e facemos XABÓN!

IMG_9986

Na festa da Escola, xa moitos puidéstedes escoitar, da boca d@s propi@s alumn@s de 2º ESO, como temos que facer para elaborar un bo xabón de xeito artesanal.

Ademais de reciclar o aceite usado da Escola, residuo de difícil tratamento e negativa repercusión no medio natural, apredimos algunhas cuestións básicas sobre química (como acontece a reacción de saponificación, importancia do pH, etc).

O proceso foi laborioso pero pagou a pena! Realizamos a actividade  en 4 quendas, entre os meses de Abril e Maio, e un mes despois xa temos o xabón curado (reacción de saponificación finalizada). Só nos queda medir o pH, mais de seguro obtemos un bo resultado: mirade que bo aspecto ten o xabón e que ben o fixeron os nosos rapaces.

A pila de Volta, 1800

Tal día como hoxe, no 1745, nacía no norte de Italia Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta, o inventor da 1ª pila eléctrica. Velaí un pequeno audio sobre a súa historia:

http://www.rtve.es/alacarta/live_audio_PopUp.shtml?idAudio=1106339&lang=es&v=0.75

Pila de Volta

Volta presentando o seu traballo a Napoleón

Imagen

BENVID@S

Asociación Escola Rosalía de Castro

Benvid@s tod@s ao Blog de Ciencias da Escola!

Estreamos co ano este novo espazo xerado para compartir as nosas experiencias e inquietudes científicas. Está feito para Ti, así que esperamos que disfrutes desta nova andaina virtual. Comezamos!