Vendima 2015

No Outono, despois de medraren durante todo o verano, é cando se recollen as uvas, ou para comer ou para facer zume (e despois se cadra, viño) .

Fomos invitados a vendimar nas adegas La Val, onde recollemos uvas da variedade albariño.

IMG_0859 (640x480)

 

Dividímonos en tres grupos con cadansúas caixas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Despois levámolas a pesar e entre todos conseguimos 28 Kg.

Logo se botan nunha máquina ( tolva ) que as leva por unha cinta e as esmaga, e así se obtén o zume de uva ( mosto ) que xa se pode beber ou mesmo embotellar.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ou por unhas mangueiras vai cara uns toneis onde o zucre das uvas se transforma en alcol e así o mosto pasa a ser viño. Despois xa toca metelo en botellas, poñer un corcho e vestir (etiquetar) a botella

Nos decidimos experimentar e deixamos unha botella con mosto no patio do cole toda a fin de semana. Ao chegar o luns e durante varios días fomos ulindo como cambiara o cheiro, e como se formaran  burbullas na superficie.

2015-09-28 09.32.57 (640x360)

 

E despois tocou experimentar como:

  • meter o mosto dentro das botellas, descubrindo que o máis  cómodo era usar un funil.
  • Tratar de introducir o corcho dentro da botella,  aprendendo que o máis sinxelo e empregar unha máquina a modo de palanca.
  • E por último etiquetar, e así vestir a botella anunciando que dentro hai zume de uva.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Saída 2º ESO: roteiros de interpretación ambiental na Universidade de Vigo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Hoxe gozamos dunha agradable mañá na contorna da Universidade, da man dos guías da Oficina de Medio Ambiente Álex e Santi.

Xunto con eles percorremos este espazo natural, interpretando aquilo que nos rodeaba.

Atravesamos varios hábitats (mato, piñeiral, devesa, lagoa, etc) valorando a súa función e riqueza biolóxica, analizamos algúns problemas de impacto ambiental e, entre outras cousas, recordamos a importancia da conservación da biodiversidade propia para preservar un equilibrio ecosistémico natural.

Faláronnos, por exemplo, sobre os problemas que están a ter con algunhas especies invasoras (acacia, visón americano, cangrexo americano…), as cales, ao non atoparse no seu medio habitual, proliferan de xeito descontrolado debido á ausencia de depredadores naturais. A competencia que establecen coas especies autóctonas xera un desequilibrio de negativas repercusións.

Tamén aproveitamos para pórnos en acción e identificar diferentes especies vexetais, arbustivas e arbóreas, empregando as claves dicotómicas que aprendemos a utilizar o curso pasado! Case todos conseguiron identificar especies como o acivro, capudre, pradairo, bidueiro, estripeiro, salgueiro, etc.

Ben feito, rapaces! E moitas grazas aos nosos guías.

Agora tócavos a vós: que aprendizaxe/vivencia resaltariades da saída de hoxe? Non deixedes de compartir a vosa experiencia!

School trip review: As Corcerizas

Here are some great reviews about our recent school trip to As Corcerizas.

For those who still doubt it… We had an amazing time!

by Bea Vasallo  (5º E. Curie)       by Diego Melús (5º E. Curie)

image_1

“As Corcerizas foi a mellor saída da miña vida. Foi a primeira saída con pernocta que fixen.

O monitorado foi moi amable comigo e cos meus compañeiros. O que máis me gustou foi a ruta das enerxías, porque me dei conta de que coas enerxías renovables podes facer algo que coas non renovables non podes, que é parar o quencemento global e a contaminación da terra. Tamén me gustou a tura que fixemos o último día polo biudeiral de Montederramo. Grazas aos profes e tamén aos monitores!”

Carla Ventura 5º María Montessori

A min gustoume moito esta saída porque estivemos no bosque todo o día. Cos nosos monitores (Gustavo e Raquel) aprendimos o que eran os alimentos quilométricos, alimentos que proveñen de países que están moi lonxe e todo o que consume o transporte fai que cambie o clima polo efecto invernadoiro”

David González 5º E. Curie

“Na saída divertinme moito. Aprender sobre a natureza e como coidala foi moi interesante. As actividades eran para aprender de maneira divertida, e así é moito mellor. Encantoume a saída, non cambiaría nada!”

 Sabrina Novoa 5º E. Curie

 “This school trip was very interesting because we learnt a lot of things, we had much fun and we played different games. I want to go to As Corcerizas again!”

 Carmen Pachón 5º Maria Montessori

“I enjoyed this school trip a lot. As Corcerizas is a very interesting place to visit.

All the monitors were very kind and honest. You can learn a lot about Science in that place. I want to go to As Corcerizas again!”

 Paula González 5º Maria Montessori

“A saída ás Corcerizas foi moi divertida. A cousa que máis me gustou foi ver as estrelas co telescpio pola noite, aínda que daba un pouco de medo. Outra cousa que me gustou foi o paseo por Montederramo, onde nos falaron de diferentes árbores e plantas, tamén vimos vacas unha fervenza.”

 Iria Paz 5º Maria Montessori

“Aprendimos que é moito mellor consumir productos cultivados en Galicia que outros cultivados a moita distancia, porque deste modo contaminamos menos e non cometemos inxustizas sociais cos países máis pobres”

Rosana Jin Rodríguez 5º E. Curie

Na saída pasámolo xenial, os monitores eran moi agradables e a comida estaba bastante boa. Xogamos a xogos entretidos e tamén tivemos tempo libre. Creo que foi unha experiencia inolvidable.

Ana Bargés 5º Maria Montessori

A estadía nas Corcezias pareceume moi interesante e entretida, porque houbo moitas actividades, unhas máis “serias” que outras. Eu pensei que o lugar sería máis pequeno, porque no tempo libre dei moitos paseos polo lugar e era moi amplo. Pareceume moi ben que os monitores ensinasen aos nenos e as nenas a coidar o medio ambiente e utilizar enerxías renovables.

Héctor Rodríguez 5º Maria Montessori

Gustoume moito a saída. A paisaxe era fermosa, con árbores, flores, montañas.. parecía un cadro. Camiñamos moito e acabamos cansos. A comida foi, sobre todo os espaguetis, moi boa, e ademáis veganos!

Sofía Fernández 5º Maria Montessori

I think it’s a great idea to build a village in which all the electricity that you use comes from the sun or from the water. (…) Aprendín un montón de cousas e pasámolo moi ben. Encantoume esta saída!

Silvia Gómez 5º Maria Montessori

A saída das Corcerizas foi moi interesante porque aprendimos mentres xogabamos. (…) Entre outras cousas aprendimos que case todos os alimentos son quilométricos, isto quere dicir que veñen de moi lonxe para chegar a nós, e isto non pode ser. Creo que a saída estivo moi ben e gustaríame ir de novo.

Míriam Lago 5º Maria Montessori

The school trip to Corcerizas was very interesting. We learnt a lot of things about recycling and saving the environment. The whole place is made of recycled materials and they use renewable energy taken from the solar panels and windmills. All the agents in the center respect the environment. I love people who want to stop global warming!

Nicolás Viñas 5º Maria Montessori 

fotografia (1) by Ana Ortega 5º E. Curie

Enerxías: saída a SOTAVENTO

O pasado mes de Abril os alumnos/as de 2º ESO realizaron unha saída ao parque eólico experimental SOTAVENTO, sito entre as provincias de A Coruña e Lugo, co obxectivo de reforzar, e experimentar de cerca cuestións relacionadas co relevante tema da enerxía.

Nas instalacións do parque puidemos acceder a diversas aprendizaxes: situación actual no emprego de fontes de enerxías renovables e non renovables, finalidade do parque experimental, estrutura e funcionamento dos aeroxeradores, utilidade da enerxía solar, cuestións de eficiencia e aforro enerxético, etc.

Sigue leyendo

Out to sea. O mar tamén ten amores (segunda parte)

 

Despois de traballar na escola sobre o mar, os seres vivos que os habitan, os perigos e o beneficioso que é para nos, non só por nos dar osíxeno, mais tamén por nos proporcionar alimento, decidimos ir mariscar á praia de Cesantes, onde descubrimos como debaixo da area, viven animais (ameixas, berberechos) que podemos recoller para comer, pero tamén topamos vermes e por riba dela cangarexos, anguías, sollas, mexilóns… O noso primeiro contacto cun ecosistema delicado no que levamos décadas aproveitándonos dela sen dar roto o equilibrio. Algo así coma unha “horta” no mar. na que hai que ter unha técnica para desenterrar os moluscos, deixando os pequerrechos e recolectando os grandeiros.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Sigue leyendo

IMATXINA 2015

DSC_0935

Atonte os alumnos de 1ºESO e os de 2ºESO A foron visitar os obradoiros de IMATXINA na fundación Barrié onde se achegaron ás matemáticas ao través duns talleres de pentominós, crebacabezas, cubo somas, espellos, calculadoras, estadística, tamgrams… Ademais tamén puideron ver unha exposición sobre ilusións ópticas no corredor do 5ª andar. Sigue leyendo