3º de primaria na horta

Este curso, aínda que un pouco tarde, os alumnos de 3º de primaria fixemos unha pequena aportación á horta intentando poñer en práctica o que estudamos na aula sobre a agricultura e os traballos na terra.

Como non fomos previsores e non preparamos un alcouve, a metereoloxía fixo que nos tivésemos que fornecer de plantas, e aínda así non nos resistimos a sementar algunha leituga e fabas.

A experiencia gustounos tanto que estamos impacienes por repetila cando esteamos en 4º.

Temos que agradecer ao tío de Xabier a súa colaboración, xa que cando fomos a fornecernos  das diversas plantas,

cedeunas desinteresadamente. Dende a escola mandámoslle un saúdo e o noso agradecemento a Labranza.

 

Patrulla verde en acción: a compostaxe na escola

O curso remata pero as patrullas verdes seguen, incansables, co seu bo facer.

O pasado venres o equipo de 2º ESO, que traballa voluntariamente para promover a campaña de compostaxe, deu unha charla educativa en 6ºB Primaria. E hoxe, o outro equipo fixo a súa intervención en 6ºA.

Na charla repasaron conceptos de interese: compostaxe, vermicompostaxe, ciclo da materia, produtos que se poden e non se poden botar aos composteiros, etc. Pero, se cadra, o máis importante é a labor de concienciación que fan e a solidariedade que sementan coas súas charlas e o seu propio exemplo, pois estas actividades as realizan de xeito altruista.

Bravo unha vez máis polo bo e xeneroso facer!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.