O pasado día 16 de xaneiro seis dos nosos estudantes participaron na Olimpíada Matemática en Santiago de Compostela.
Un elenco de valentes que desafiaron o seu enxeño para resolver 6 difíciles problemas.
A expedición estaba formada por Manel Camiña, Rosalía García, Oscar Hermida, Daniel Nantes, Pedro Alfaro e Sergio Malo.
Este concurso conta cunha fase nacional e outra internacional. Poden participar alumnos dende 3º da ESO ata 2º de bacharelato. Este ano Sergio Malo obtivo unha mención de honra pola súa brillante actuación.
Animádesvos a participar o ano que vén.