Saída ao Espazo Natural da Ramallosa (1ºA): 2ª parte!

VIVINDO!

Anatomía: «Formados por células»

Rescatando proxectos:

Nos inicios de Anatomía, e a modo de paseo pola disciplina de Histoloxía, parámonos a investigar os distintos tipos de células que conforman o noso organismo.

Con elas confeccionamos un autorretrato, dende a liberdade, de enfoque máis artístico, rememorando tamén a importancia que tivo a Arte no desenvolvemento e evolución da Anatomía como disciplina científica; simbiose especialmente relevante no nacemento desta (s. XV-XVI: Leonardo da Vinci, Andrés Vesalio, etc.)

Sirva tamén, nos cruentos tempos que corren, para alzar a voz sobre a necesidade de comprender que todos estamos feitos da mesma materia, todos temos a mesma raíz… e can importante é que así o entendamos e respectemos. As diferenzas marcámolas nós.

Saída á costa de A Guarda (1ºA)

E como non, gozamos da Natureza co seu vento mareiro, o aroma do mar, as raiolas luminosas nun fermoso ceo medio anubrado… e da boa compaña e momentos bonitos para compartir e recordar entre tod@s nós.

Ben aproveitado equipo!

Saída á costa de A Guarda (1ºB)

En busca das pozas mariñas!

O pasado martes achegamos á Guarda para desfrutar da súa paisaxe e traballar na súa intermareal. Coa marea baixa puidemos acceder á zona rochosa onde se forman as interesantes pozas mariñas. Nelas puidemos observar unha morea de algas e invertebrados (equindermos, cnidarios, moluscos, etc) que estudaramos en clase. Foi un pracer poder estar en contacto directo con eles.
Tamén aprendimos cousas moi interesantes da nosa historia (salinas romanas) e a usar á razón para interpretar a paisaxe que nos rodeaba (seixal).
Nesta saída acompañounos Agustín, socio fundador de ANABAM, una asociación que traballa activamente, dende 1985, pola conservación e defensa dos espazos naturais do Baixo Miño. Grazas por aportarnos tanto!

¿Quién cae antes?

Física

Los alumnos de 3ºESO han descubierto, no con poco asombro, que la masa de los objetos apenas influye en la velocidad con la que los objetos caen, ya que estos se ven atraídos hacia el centro de la tierra con la misma aceleración gravitatoria (g=9,8m/s2).

1ºESO B: saída ao espazo natural da Ramallosa

Esta semana puidemos desfrutar dun tempo marabilloso neste espazo natural con 1ºB.

A xornada foi moi fluída, interesante e chea de momentos de alegría compartida: ben feito equipo!

O alumnado foi quen de formularse preguntas interesantes sobre os ecosistemas nos que estabamos; curioseando, poñendo a proba a súa capacidade observadora e desenvolvendo a súa mente científica.

O tempo de merenda, sempre feliz, enriqueceuse cun pouco de xogo intrépido grazas aos diferentes recursos (carriolas improvisados, lianas, etc) que outros alí deixaron. Foi un tempo para cargarnos a tope da necesaria vitamina N (de Natureza)!

No regreso pola parte da praia, os equipos fixeron un gran traballo atopando unha morea de tesouros que logo compartimos e interpretamos. E seica non hai como coñecer/comprender aquilo que nos rodea para desenvolver a nosa sensibilidade e necesidade de protexelo.

Ao rematar, como agasallo final, un tempo para xogar todos xuntos, coma un gran equipo!

En breves volveremos para seguir coñecendo este espazo natural, no que imos traballar ao longo do curso, para coñecer os seu gran valor ecolóxico, as presións negativas ás que pode estar sometido, e colaborar na súa conservación.

Seguiremos informando!

1ºESO A: saída ao espazo natural da Ramallosa

Simplemente fluíndo. Tentando volver ao básico, á raíz. Sen máis pretensións que sentir, traballar en equipo e compartir, espertar os sentidos para aprender do que vemos, escoitamos ou tocamos… Agromar a curiosidade por aquilo que nos rodea e facernos preguntas e máis preguntas.

A Natureza é fonte de saber e aprendizaxe. Dela beben os libros. E a Ciencia conecta directamente coa curiosidade innata que posuímos, e coa capacidade que temos para analizar e deducir.

Hoxe vivimos unha luminosa xornada para levar a cabo a nosa primeira toma de contacto con este espazo natural do que tanto poderemos aprender e gozar. Nel traballaremos ao longo do curso, facendo todo o posible por analizalo, comprendelo e protexelo.

Queda iniciado o proxecto “Protexe o teu medio” no espazo natural da Ramallosa, pertencente á Rede Natura 2000 pola súa biodiversidade e valores ecolóxicos.