Galería

Obradoiro científico «Ciencia ou Ficción?»

Hoxe asistimos cos alumn@s de 2º ESO a este obradoiro da Fundación Barrié de la Maza, no que analizamos, ao través das escenas de diferentes películas, erros de carácter científico .

Saída2015 004 Saída2015 013 Saída2015 012  Saída2015 009 Saída2015 005Saída2015 018 Saída2015 028Saída2015 024

Existen as bruxas e o mal de ollo? Poderiamos ser invadidos ou atacados por animais xigantes?…

… Sería posible un ataque zombie? Como facían a néboa nas películas antigas? Oes, escoitas o mesmo ca min? Como fan os meteorólogos para dar o parte do tempo? Por que non me gustan esas verduras?! Somos mutantes?… Unha morea de cuestións coas que @s nos@s intrépid@s alumn@s se atreveron: moi boa a participación de hoxe! E parabéns especialmente a Paloma, Anouk e Pablo por non reparar en medos.

Que vos pareceu o obradoiro?  Que foi o que máis vos chamou a atención?