Aproveitamos o entroido para explorar moitas posibilidades coas cores nas que a ciencia se mestura coa arte.
Primeiramente amosámoslles aos nenos que é unha espiral. E pintámolas na fiestra ( insistindo en facelas levóxiras para favorecer a preescritura).
As veces saen do centro para afora e outras van de fora para adentro.
E seguimos traballando as espirais. Os nenos trouxeron camisetas usadas e con tinguidura da roupa celebramos o tie dye day. Moi común nas escolas estadounidenses.
- Mesturamos en catro caldeiros a tinguidura, sal e auga quente e remexemos
- Despois cada nena/neno colle a súa camiseta, a estíraa sobre unha mesa, escolle un punto onde pinzar cos dedos e retórcea facendo unha espiral.
- Pódese empezar no medio da camiseta ou en calquera outro lado. No resultado final ese será o centro da espiral.
- Unha vez retorta hai que lle poñer gomas elásticas para que non se desfaga.
- E xa se pode tinxir. So hai que escoller as cores e botarlle moito.
- Se mete nunha bolsa hermética e se deixa sobre 48 horas para despois sacala, e lavala con auga morna para irlle quitando a modo as gomas (nada de xabón). Ao principio sairá auga con cor pero dalí a un pouco cando saia auga limpa xa a podemos tender para secar. E logo xa poderemos poñela.
- No primeiro lavado na lavadora haberá que metela soa, sen mesturar con outra roupa.
Antes de poñelas, imos debuxar e recortar a nosa camiseta e tentar de coloreala igual, e así poderemos observar como todas son distintas e como se mesturaron cores facendo formas espectaculares (maiormente espirais)
Outro día empregamos comida pocha para colorear e descubrimos como os limóns, cenouras, remolachas, chocolate, pementos… pintan sobre un papel branco coma se fosen pinturas, e a mais estrana e a remolacha que unha vez seca queda rosa. As que teñen mais auga son as que mellor descorren polo papel.
Cun cartón de leite caducado, xabón e pinturas podemos facer experimentos. Especialmente o de poñer un pouco leite nun prato. Botarlle distintos colorantes alimentarios e unha pinga de xabón líquido como lavalouzas e mirar os efectos.
E nesta ligazón de youtube moi ben explicado empregando mesmo iogur.
https://www.youtube.com/watch?v=clZ6v6m11lM
E como colofón algo que tamén se pode facer na casa cun cartón circular. Un soporte que o faga xirar e pintura líquida ( que se pode facer mesmo con auga e colorante) E observamos como tentando facer unha liña recta sae unha espiral. Velaquí o vídeo feito na clase
https://www.youtube.com/watch?v=u8maxHP1LOY&feature=youtu.be