1. FASE DE CULTIVO:
Vai un par de semanas plantamos na Escola as sementes de 23 especies medicinais diferentes que a Fundación Barrié de la Maza ofrece dentro do seu proxecto «A Farmacia Natural».
Cada alumno/a de 1º ESO elixiu unha semente incógnita, que en breves, unha vez agrome, terá que tentar identificar co gallo de poder investigar sobre as súas propiedades medicinais e usos tradicionais.
A ver con que novidades nos topamos á volta da Semana Santa!
Enlace ao blog do proxecto:
http://farmacianatural.educabarrie.org/blog/