Antes de comezar as nosas merecidas vacacións primaverais, a clase de 5º Maria Montessori sementamos rabaniños e xudías ecolóxicas na horta escolar. Tamén remexemos o composteiro e por último comprobamos que as garrafas de auga que protexen os vexetais estaban no seu sitio, non vaia ser que chova!