Lembrades o noso experimento con tomates estragados do mes de novembro? Se ben é certo que a maior parte das sementes non brotaron, este é o espectacular resultado 5 meses mais tarde. Simplemente foi preciso ter un pouco de paciencia e esperar o bo tempo.
En poucas semanas estarán na nosa horta ecolóxica!
Aproveitando os recursos: obter sementes de tomate viables para plantar en primavera.
Cando apañamos os últimos tomates da temporada dous deles estaban demasiado maduros e bastante estragados. O alumnado de 5º temos claro que non podemos botar a perder os recursos, así que fixemos unha actividade para sacar proveito dunha parte importante dos tomates: as sementes. Cando acabamos o experimento colocamos os restos orgánicos no composteiro, por suposto!
Así recolleu un alumno de María Montessori o acontecido:
1. We cut the tomato in two parts and extracted the seeds and the juice.
2. We placed the mixture into an empty glass jar.
3. A couple of days later the seeds formed a film. We removed the film and took the seeds from the bottom. (Those are the viable seeds)
4. We washed the seeds and picked the good ones. (Some of them looked too dry to be viable)
5. We placed the seeds on a cloth. They will stay there for a couple of weeks.
6. Those seeds are perfect for our spring garden!
October 2014
5th – Maria Montessori